- · 51,7 millóns proceden da incorporación de Remanentes
- · E 41,7 son para Gastos Correntes dos concellos, investimentos neles e transferencias
A
Deputación de Pontevedra destina, nos presupostos que mañá serán aprobados
inicialmente, a cantidade de 93,4
millóns de euros para inversións nos concellos da provincia.
A
citada cantidade desglósase en dous grandes capítulos. Dunha banda, os
investimentos xestionados para concellos procedentes da incorporación de Remanentes da institución provincial
supoñen 51,7 millóns. E, doutra
banda, a cantidade procedente de Gastos
Correntes para concellos, Investimentos neles e Transferencias para eles
suponen unha cantidade de 41,7 millóns.
Nos
investimentos derivados da incorporación de Remanentes, destacan 12,4 millóns
para estradas provinciais, 9,7 para o Plan de Investimentos (PID), 11,5 para
desenvolver os proxectos municipais de DepoGap e DepoTic _a implantación da
Administración Electrónica_, 12,8 millóns para o Plan de Obras e Servizos
Municipais (POS) e 4,9 para instalacións deportivas e recreativas.
Pola
súa banda, os investimentos xestionados pola Deputación para os concellos
acadan a cifra de 26,4 millóns. Neste capítulo destacan melloras, proxectos e
expropiacións en estradas provinciais (10 millóns), instalacións recreativas e
de ocio (2,5) e obras en concellos (12,5 millóns). A cantidade restante (1,4
millóns) son inversións relativas a temas medioambientais, arqueoloxía e
turismo.
Finalmente,
os presupostos da Deputación de Pontevedra inclúen 15,3 millóns para Gastos
Correntes e Transferencias para investimentos dos concellos en capítulos como
servizos comunitarios básicos (2,2 millóns), Plan de Emprego (3,2), actividades
(1), grupos de emerxencias, obras municipais, conservatorios, escolas de
música, e outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario