AS EMPRESAS DA PROVINCIA DISPORÁN DUN NOVO PRAZO DE 5 DÍAS PARA SUMARSE AO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 23 de noviembre de 2013

AS EMPRESAS DA PROVINCIA DISPORÁN DUN NOVO PRAZO DE 5 DÍAS PARA SUMARSE AO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN


O obxectivo é incrementar o número de beneficiarios das bolsas ata os 500 antes de que remate o ano

·        O luns publicarase o listado e as puntuacións dos 2.462 titulados que aspiran ás bolsas
·        Terán 3 días de prazo para recorrer
As empresas da provincia interesadas en participar no Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra e que non presentaran solicitude no seu día, disporán dun novo prazo de 5 días na vindeira semana para presentar os seus proxectos e optar a un dos 2.462 bolseiros inscritos no antedito plan.
Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que subliñou que o motivo desta nova convocatoria é que hai dispoñibilidade económica para incrementar os beneficiarios destas bolsas ata os 500 antes de que remate o ano, polo que se fai preciso que novas empresas se sumen ao proxecto para dar cabida no seu cadro de persoal aos máis bolseiros.
O presidente lembrou que está previsto que a principios de 2014 se faga unha nova convocatoria para que outros 500 dos 2.462 mozos e mozas titulados que presentaron solicitude de bolsa poidan ter esa primeira oportunidade laboral e “dar así cobertura a practicamente o 50% dos solicitantes”.
Publicación das listas
Nesta liña, Rafael Louzán informou de que o vindeiro luns, 25 de novembro, se publicará a puntuación dos bolseiros e a lista de admitidos e excluídos, o que lle permitirá aos solicitantes saber en que posto están e as posibilidades que teñen tanto de entrar a traballar nesta convocatoria como na próxima.
Os solicitantes disporán de 3 días hábiles para presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Por outra banda, no caso das empresas que solicitaron titulados en Ciclo Superior de Animación en 3D, xogos e contornos interactivos; en Enxeñería en Telecomunicacións de Electrónica, en Telecomunicacións de Telemática, e da Licenciatura en Enoloxía e que non van poder dispoñer de bolseiros nestas categorías por non terse presentado ningún candidato, terá a oportunidade de solicitar bolseiros doutras das titulacións sempre e cando o perfil que precisan coincida co de algún dos solicitantes de bolsa. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario