A Xunta avoga pola cooperación entre concellos para unha xestión máis eficaz dos recursos e un mellor servizo á cidadanía - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 7 de noviembre de 2013

A Xunta avoga pola cooperación entre concellos para unha xestión máis eficaz dos recursos e un mellor servizo á cidadanía

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou o CIM de Caldas, que tamén atende aos concellos de Portas e Barro
  • O Goberno galego ten achegado máis de 140.000 euros ao centro desde o ano 2009
  • En 2012, o CIM caldense recibiu máis de 700 consultas e atendeu a 600 persoas

A secretaría xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá o Centro de Información á Muller (CIM) de Caldas de Reis, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e dos representantes municipais de Caldas, Barro e Portas.
López Abella recordou que o Goberno galego está a primar nas súas axudas e subvencións a aqueles concellos que aposten pola prestación conxunta de servizos. É o caso de Caldas, cuxo CIM atende tamén aos concellos de Portas e Barro, e que recibiu máis de 50.000 euros este ano da orde de axudas para a promoción da igualdade.
A secretaria destacou a clara aposta do Goberno galego pola suma de esforzos e a prestación conxunta de servizos municipais. Neste sentido, citou a alianza de Caldas, Portas e Barro como un exemplo de cooperación en materia de igualdade, o que se traduce nunha xestión máis eficaz dos recursos e nun maior beneficio para os cidadáns.
O Goberno galego destina este ano case 3,3 millóns de euros a subvencionar o funcionamento dos CIMs espallados por todo o territorio galego. Non obstante, a diferenza doutros anos, as propostas conxuntas permiten este ano atender a máis concellos e, polo tanto, a máis territorio e máis cidadáns. De feito, en 2013 beneficiaranse máis de 200 concellos fronte aos 120 do ano pasado.
No caso concreto de Caldas, a comarca recibiu desde 2009 máis de 200.000 euros por parte do Goberno galego para o funcionamento do CIM e para a posta en marcha de programas de promoción da igualdade, de conciliación e de prevención da violencia de xénero. Ademais, no que atinxe exclusivamente ao mantemento do CIM caldense, a achega da Xunta de Galicia ascendeu a máis de 140.000 euros; dos cales 51.000 euros corresponden á actual convocatoria.
O CIM de Caldas conta con tres traballadores, dedicados ao asesoramento psicolóxico e xurídico e a un axente de Igualdade, que exerce a dirección do centro. O ano pasado atenderon a 600 persoas e máis de 700 consultas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario