Admitidas case 6.000 solicitudes de permisos de pesca de troita e salmón para a tempada 2014 en Galicia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Admitidas case 6.000 solicitudes de permisos de pesca de troita e salmón para a tempada 2014 en Galicia

  • A partir de onte e ata o 15 de novembro fíxase o período de reclamacións, polo que o sorteo de permisos celebrarase o día 22 de novembro
  • En cada un dos servizos provinciais de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos, un para salmón –con ou sen morte- e outro de troita, no que se incluirán reo, pesca intensiva e pesca sen morte,
  • O número de solicitudes incrementouse un 7% con respecto ás rexistradas para a tempada 2013, na que se chegou ás 5.561.
 A novidade desta convocatoria é a posibilidade de consultar as notificacións sobre os sorteos a través do correo electrónico ou dos dispositivos móbiles

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recibiu un total de 5.960 solicitudes de permisos admitidos de pesca fluvial en coutos para a tempada 2014, para a captura de salmón (para a que se presentaron 2.933 solicitudes) e de troita (3.027 solicitudes presentadas). O número de solicitudes incrementouse un 7% con respecto ás rexistradas para a tempada 2013, na que se chegou ás 5.561.
Na seguinte táboa indícanse os repartos por provincias:
 
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Totais
Salmón
622
1086
297
928
2933
Troita
939
1024
483
581
3027
 
5960
A partir de onte, 5 de novembro, e ata o 15 de novembro fíxase o período de reclamacións, polo que o sorteo de permisos celebrarase o día 22 de novembro.
Como unha das novidade desta convocatoria é a posibilidade de consultar as notificacións relacionadas cos sorteos a través do correo electrónico ou dos dispositivos móbiles. En cada un dos servizos provinciais de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos, un para os permisos de pesca de salmón –con ou sen morte- e outro de troita, no que se establecerán o resto de autorizacións: troita, reo, pesca intensiva e pesca sen morte, non incluídos no sorteo de salmón.
No seguinte enlace pódese acceder á información sobre a xestión de permisos en coutos de pesca: https://www.xunta.es:444/pescafluvial/
Compre lembrar que a principios de outubro, o Diario Oficial de Galicia (DOG) facía pública a resolución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza pola que se fixaban as normas dos sorteos e venta de permisos de pesca


No hay comentarios:

Publicar un comentario