Un total de 120 personas participaron onte en Barro na charla impartida polo Xefe de Neuroloxía do CHOP, Manuel Seijo, dentro do convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Médicos para impartir charlas informativas sobre a enfermedade do Alzheimer en 42 concellos da provincia.
Na súa intervención, Seijo destacou que este mal afecta na provincia a unhas 15.000 personas e dixo que, cada ano, detectanse uns 2.000 novos casos no conxunto das tres áreas sanitarias da provincia.
O xefe de Neuroloxía do CHOP respondeu a numerosas preguntas dun interesado auditorio e suliñou que a diagnose temperá do Alzheimer é fundamental para paliar os seus efectos. <Por eso, a laboura de información e divulgación é fundamental pois, a maioría das veces, esta enfermedade, que é a 3ª causa de mortalidade entre personas de avanzada idade, se diagnostica con retraso>, afirmou.
O ciclo de charlas sobre o Alzheimer continúa hoxe en Pontecaldelas, ás 18,30, e siguen a vindeira semana en Meaño (o lus 11 ás 19 horas), en Redondela (o martes 12, ás 17,30), A Illa de Arousa (o mércores 13, ás 18,30) e Cotobade (xoves 14, ás 19).
Nas charlas celebradas ata agora constátase un altointerés e unha moi notable participación, sobre todo de xentes maiores de 60 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario