§
Os seis centros operativos
distribuídos entre a zona norte e sur ocuparanse de activar as medidas do Plan de Vialidade
Invernal, que estará operativo ata o vindeiro 30 de abril
§
A Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas dispón de 8 camións, 5 retroescavadoras
e 8 máquinas de esparexedor de sal para solventar calquera incidencia nas 139
estradas da provincia
A Xunta de Galicia, a través
da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de activar
o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra, que reforzar a
seguridade viaria na rede de estradas de titularidade autonómica nesta
provincia ata o vindeiro 30 de abril.
O departamento que dirixe Agustín Hernández dispón
para este ano dun operativo, que estará integrado por 31 maquinarias, como camións,
retros, cuñas, follas e exparexedoras de sal e salmoira.
Os centros operativos desta provincia
divídense en dúas zonas: norte, ubicados en Pontevedra e Lalín; e a sur,
localizados en Salvaterra e Couso. A este centros tamén se suman os centros de
Mosteiro na AG-41 e do Toural na AG-57.
|
Conservación ordinaria
e vialidade invernal
|
Concesións
|
|
|
Subzona
|
Centros
|
Centros
|
ZONA NORTE
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
AG-41
Mosteiro
|
Lalín
|
Lalín
|
||
Morrazo
|
|
||
ZONA SUR
|
Mondariz
|
Salvaterra
|
AG-57
Toural
|
Gondomar
|
Couso
|
||
A Cañiza
|
|
||
TOTAL
|
|
4
|
2
|
Este centros disporán da maquinaria necesaria
para o mantemento dos 2.800 quilómetros de estradas da Xunta na provincia de
Pontevedra, como 7 silos e acopios con máis de 200 toneladas de sal e salmoira,
cuñas, retoescavadoras e 8 esparexedores de sal. No seguinte mapa indícanse o
reparto de centros operativos na provincia de Pontevedra para facer fronte ás
incidencias nas estradas:
Na actual campaña, este plan inflúe en toda a
rede viaria autonómica na provincia, isto é máis de 2.800 quilómetros, nun
total de 139 estradas e supón máis de 109 postos de traballo
|
|
|
Conservación Ordinaria
|
Vialidade
Invernal
|
||
Servizo de infraestruturas
|
32
|
|||||
ZONA NORTE
|
Empresa Conservadora
|
Pontevedra
|
12
|
2
|
||
Lalín
|
6
|
2
|
||||
Morrazo
|
7
|
|
||||
Concesión
AG-41
|
7
|
2
|
||||
ZONA SUR
|
Empresa Conservadora
|
Mondariz
|
15
|
4
|
||
Couso
|
9
|
2
|
||||
Concesión
AG-57
|
9
|
|||||
TOTAL
|
109
|
|||||
En toda Galicia
Este Plan é
unha ferramenta clave para evitar os problemas que podan xurdir nas épocas de
inclemencias meteorolóxicas e, así, contar cun adecuado protocolo de actuación.
Con este operativo, establecese a organización e os procedementos de actuación
dos recursos dispoñibles polo Executivo autonómico co propósito de garantir e mellorar as condicións
de vialidade na rede de estradas da Comunidade autónoma, que se poden ver
dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas
de xeo, ou a aparición de neve, reducindo ao mínimo o número de tramos con restricións
ao tráfico.
As medidas
e actuacións a levar a cabo divídense en dous grandes grupos:
- Preventivas, para anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir.
- Curativas, para garantir a vialidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas.
Para
aplicar estas medidas e actuacións, o Goberno galego pon a disposición os recursos
necesarios, materiais e humanos, en cada unha das provincias. Para elo, o Plan
de Vialidade Invernal da Xunta de Galicia aplícase en todas as estradas da Rede
Autonómica, cun total de 5.498,33 quilómetros.
En todo caso, cabe sinalar que se levan a cabo
de forma habitual accións preventivas, aínda que a estrada se atope
aparentemente libre de xeo ou neve. As máquinas dispoñen dos correspondentes
sistemas de empuxe para a neve (en forma de cuña e folla) e de esparexedores de
fundentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario