Suporía un aforro anual de 500.000 euros ano e o investimento inicial
podería estar amortizado en 3 anos
·
Rafael Louzán
manterá un encontro cos alcaldes o 28 de novembro para avanzar neste proxecto
·
O cambio de
caldeiras xa se realizou en Príncipe Felipe
·
54 concellos
contan na actualidade con caldeiras de gasóleo para as súas instalacións
municipais
54 dos 62 concellos da provincia teñen na actualidade unha ou varias
caldeiras de gasóleo para dotar de calefacción e auga quente sanitaria as súas
instalacións municipais, cun gasto anual medio de entre 12.000 e 34.000 euros.
Reducir esta factura enerxética e rebaixar as emisións de CO2 á atmosfera é
un dos obxectivos que persegue a Deputación Provincial de Pontevedra co
proxecto de eficiencia enerxética que ten en marcha e que pretende levar a cabo
da man dos concellos da provincia.
Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que
subliñou que o vindeiro 28 de novembro manterá un encontro cos alcaldes para
presentarlles un estudo realizado pola Administración provincial e que reflicte
que a substitución das actuais caldeiras de gasóleo por outras de biomasa
(pellets, astilla ou similares) suporía un aforro de uns 500.000 euros ao ano.
Segundo os datos manexados pola Deputación, o aforro medio anual dunha
caldeira de biomasa con respecto a unha de gasóleo é de 9.000 € por caldeira,
co que nuns 3 anos estaría amortizado o investimento inicial.
Rafael Louzán incidiu en que se poden acadar aforros económicos e
ambientais notables, polo que xa hai concellos que amosaron o seu interese en
sumarse a esta iniciativa para a substitución das caldeiras nos seus
municipios.
A Deputación provincial deu xa ese paso no
centro Príncipe Felipe, onde se retirou a caldeira de gasóleo para instalar unha
de biomasa que funciona con astilla e que o presidente da Deputación visitará o
vindeiro luns para comprobar in situ
o seu funcionamento e o aforro que supón
No hay comentarios:
Publicar un comentario