OS ORZAMENTOS DE 2014 INCLÚEN 20 MILLÓNS DE EUROS PARA INVESTIMENTOS EN CONCELLOS E MÁIS DE 6 MILLÓNS PARA PLANS DE EMPREGO E PRÁCTICA LABORAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 24 de noviembre de 2013

OS ORZAMENTOS DE 2014 INCLÚEN 20 MILLÓNS DE EUROS PARA INVESTIMENTOS EN CONCELLOS E MÁIS DE 6 MILLÓNS PARA PLANS DE EMPREGO E PRÁCTICA LABORAL



O orzamento ascende a 145,9 millóns de euros

·        Destinaranse 14 millóns de euros a amortización de débeda
·        A capacidade de aforro neto está cifrada en 38 millóns de euros
A Deputación de Pontevedra destinará en 2014 un total de 20 millóns de euros a plans de investimentos e de servizos nos concellos da provincia e máis de 6 millóns a plans de emprego e de práctica laboral.
Cun orzamento de 145.979.775 euros, das contas de 2014 despréndese que o obxectivo da Administración Provincial é seguir afondando nas políticas de xeración de emprego; de apoio aos concellos tanto no que respecta ao mantemento e mellora de infraestruturas, como á promoción de novos investimentos e ao impulso a servizos conxuntos; e de benestar social; ademais de seguir avanzando no equilibrio orzamentario e na redución da débeda.
Así, os datos revelan que preto de 14 millóns de euros se destinarán a plans de obras e servizos nos concellos, aos que hai que sumar outros case 4 millóns para servizos comunitarios e gasto corrente, 2 millóns para diversos servizos municipais e 2,5 para infraestruturas deportivas municipais.
A esta cantidade hai que sumar os máis de 3,2 millóns de euros para a contratación de persoal destinado á realización de obras e servizos prioritarios no ámbito municipal, e outros 3 millóns para bolsas de emprego destinadas a mozos e mozas desempregados.
Redución débeda
O compromiso amosado polo presidente da Deputación de reducir a débeda a cero en 2018, implica que nos orzamentos deste ano se destina unha partida de 14 millóns de euros a amortizar débeda, co que se agarda pechar o ano cun endebedamento de 54,8 millóns de euros, é dicir, menos do 40% dos recursos correntes.
Esta redución da débeda, unido á capacidade da Deputación de financiar investimentos e servizos sen necesidade de acudir a ningún préstamo novo, está a permitir rebaixar os gastos financeiros da administración provincial, incrementando en consecuencia a súa capacidade investidora.
Neste sentido, cómpre lembrar que nos últimos dous exercicios  a Deputación xa reduciu a súa débeda en 44 millóns de euros, co que ao final deste ano 2013 quedará en 68,7 millóns de euros.
En canto á capacidade de aforro, as contas provinciais fíxano en 52 millóns de euros no caso do aforro bruto e en 38 o aforro neto.
En canto aos gastos de persoal, baixan lixeiramente con respecto aos do actual exercicio, e inclúen a partida de máis de 6 millóns destinada ao financiamento de diferentes plans de emprego na provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario