O PLENO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE BOMBEIROS APROBA O SEU PRIMEIRO ORZAMENTO DESDE A ADXUDICACIÓN DA NOVA XESTIÓN, DOTADO CON 3,1 MILLÓNS DE EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 9 de noviembre de 2013

O PLENO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE BOMBEIROS APROBA O SEU PRIMEIRO ORZAMENTO DESDE A ADXUDICACIÓN DA NOVA XESTIÓN, DOTADO CON 3,1 MILLÓNS DE EUROS



O orzamento do servizo, que é financiado integramente por Xunta e Deputación ao 50%, supón un notable aforro con respecto a 2013
·       O Consorcio da cobertura en materia de incendios e emerxencias a entre un 60 e un 70% da poboación da provincia
·       Rueda valorou a cooperación entre administracións asegurando que “de non facer cada un a guerra pola súa conta, saen eses aforros e unha cobertura absolutamente profesional”
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participaron hoxe no pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra, no que se aprobou o primeiro orzamento para unha anualidade completa tras a entrada en vigor da nova xestión do consorcio, en mans da empresa Matinsa.
Louzán e Rueda destacaron o “notable aforro” que supuxo esta nova xestión, que pode situarse no entorno do millón de euros. O orzamento do consorcio para 2014 ascende a 3.144.000 euros, financiado integramente por Xunta e Deputación ao 50%.
Tanto o presidente da Deputación como o vicepresidente da Xunta incidiron na importancia deste servizo, que dá cobertura a entre o 60 e o 70% da poboación da provincia (exceptuando os municipios de Vigo e Pontevedra que contan co seu propio parque), e no que traballan preto de 100 persoas.
Louzán subliñou que Deputación e Xunta “seguimos a traballar para dar cobertura ao 100% da poboación” e lembrou que aos concellos que se atopan a máis de 20 minutos dos parques de bombeiros teñen cobertura de emerxencias a través dos GES “co que a provincia de Pontevedra a día de hoxe conta cunha garantía de cobertura na práctica totalidade do seu territorio”.
Evolución
Neste sentido, Rueda fixo fincapé no notable avance que en materia de emerxencias e protección contra incendios se ten dado nos últimos anos en Galicia, dado que “no ano 99 había en toda Galicia 7 parques de bombeiros (1 en cada cidade) e o resto da poboación tiña que, nunha situación de emerxencia, arreglarse como podía”.
“Hoxe –asegurou- afortunadamente esa situación cambiou radicalmente e hai 25 novos parques en toda Galicia, 5 deles en Pontevedra”.
Rueda valorou tamén os resultados da colaboración entre administracións e, neste caso, entre Xunta e Deputación, para dar solución a un problema como o da atención en emerxencias. Así, asegurou que “reunímonos, planificamos e coordinamos esforzos para manter entre todos un servizo custoso pero necesario, e desa coordinación, de non facer cada un a guerra pola súa conta, saen eses aforros e unha cobertura absolutamente profesional nun servizo moi necesario e do que non se dispoñía hai 14 anos”.
Parques
O Consorcio Provincial de Bombeiros integra os parques comarcais de Bueu, O Porriño, Ribadumia e Vilagarcía, aos que hai que sumar o de Deza-Tabeirós.
Neles prestan servizo preto de 100 bombeiros profesionais que atenden unha media de 1.000 incidencias anuais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario