Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 24 de diciembre de 2015

ETHEL VAZQUEZ DESTACA O LABOR DE COLECTIVOS COMO 'OS NINGUENS' PARA CONSEGUIR DAR SOLUCIÓNS AS FAMILIAS EN RISCO DE PERDER A VIVENDA





A conselleira de Infraestruturas e Vivenda reuniuse con eles coincidindo coa entrega de 8 vivendas a familias desafiuzadas ou en risco de exclusión social
 

§ Sinalar que dous das vivendas entregadas permiten garantir casos postos en coñecemento da Xunta por este colectivo

§ A titular autonómica de Vivenda tamén salientou que os convenios con entidades financeiras e coa Sareb permitiron a cesión de 240 vivendas baleiras que xa se están ocupando con familias necesitadas

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo un reunión hoxe cos membros do colectivo de loita contra a exclusión social “Os Ninguéns”, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves. Nesta xuntanza, trasladoulle a necesidade de que as medidas Goberno galego para evitar  que as familias en risco de perder a súa vivenda sexan coñecidas polos colectivos afectados por esta situación.   

A reunión enmárcase na rolda de contactos que desde a Xunta mantéñense con distintos axentes sociais. Na reunión, Ethel Vázquez explicoulles as 10 iniciativas que desde 2012 impulsáronse para dar cobertura ás familias que se poden atopar nestas situacións de risco.

Entre estas medidas, a conselleira destacou o Bono de Alugueiro Social, unha axuda urxente e inmediata para as persoas que corren risco de perder a súa vivenda en aluguer por non poder pagar a renda e subliñou a importancia dos convenios coas entidades bancarias e a SAREB, a través dos que a maior entidade financeira de Galicia comprometeuse a non botar a ninguén da súa vivenda por non pagar a hipoteca, só a cambio dun aluguer social no que colabora a Xunta.

A titular autonómica de Vivenda tamén salientou que os convenios con entidades financeiras e coa Sareb permitiron a cesión de 240 vivendas baleiras que xa se están ocupando con familias necesitadas, 8 delas hoxe mesmo na provincia de Pontevedra.

Desde o Executivo autonómico, considérase imprescindible que a información é fundamental, xa que como dixo a Conselleira “de pouco serven as medidas se non as facemos chegar a quen realmente as necesita e, por iso, lle estamos a pedir aos distintos colectivos cos que nos reunimos a súa implicación para que contribúan a divulgar e a transmitir esta información”.

Ethel Vázquez solicitoulles a Os Ninguéns que sigan colaborando coa administración no asesoramento a estas familias, “porque grazas a que puxeron en coñecemento da Xunta situacións deste tipo, puidemos ofrecerlle solucións xa a algunhas familias”. 

Por último, Vázquez informou que hoxe mesmo entregáronse oito vivendas a afectados por execucións hipotecarias, impagos do alugueiro e outros casos de emerxencia social na provincia de Pontevedra e, concretamente, 3 na cidade de Vigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario