Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 3 de diciembre de 2015

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA REFORZA A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE PREVIA AOS FESTIVOS DE DECEMBRO


  • As unidades móbiles do CTG visitarán 35 concellos ata o vindeiro luns 7 de decembro para aumentar a participación dos doadores e doadoras, nunhas datas nas que aumenta a demanda de compoñentes sanguíneos por mor dos accidentes de tráfico

A campaña de doazón de sangue, que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), refórzase nas xornadas previas aos festivos de decembro en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.

Lamentablemente, os meses de verán, o Nadal e as pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, xa que nestas datas increméntanse as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Desprazamentos
As dez unidades móbiles do CTG visitarán, entre o mércores 2 e o luns 7 de decembro, 35 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.

O CTG agarda novamente contar coa participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Mércores 2 de decembro
As Pontes, Campus Elviña (A Coruña), Cambre, Campus Sur-Campus Vida (Santiago), Negreira, Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Caldas de Reis, Porriño e Domiberia (Vigo)
Xoves 3 de decembro
Praza de Armas (Ferrol), Arteixo, Stream (A Coruña), Praza de Galicia (Santiago), A Picota (Mazaricos), Ribadeo, A Valenzá, Moaña, Rodeiro, Tameiga (Mos) e Edif. Administrativo Xunta (Pontevedra)
Venres 4 de decembro
Cedeira, Arteixo, Betanzos, Ribeira, Rois, Viveiro, Verín, Lalín, Cangas e Zona As Travesas (Vigo).
Sábado 5 de decembro
Betanzos, Ribeira, Viveiro, Cangas e Lalin
Luns 7 de decembro
Zona Caranza (Ferrol), Carballo, Laxe, Trazo, Foz, Avión, Carballeda de Avia, Bueu, Vilanova de Arousa e Zona Travesía de Vigo (Vigo).

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o CTG dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Doazón de medula ósea
A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía da nosa Comunidade Autónoma a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.

Poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario