Un total de 260
actividades culturais celebradas por entidades de toda a provincia perciben un
total de 279.898 euros nesta liña de axudas
Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de aprobar as axudas do Plan
de actividades culturais para
asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven diversas actuacións
en concellos de toda a provincia. En total aprobáronse 260 subvencións por un importe
de case 280.000 euros. Estas axudas contemplan intercambios culturais,
festivais ou exposicións.
Ao igual que nas outras dúas liñas de axudas
deste Plan, a concesión das subvencións realizouse en réxime de concorrencia
competitiva, tendo en conta para a adxudicación criterios como a difusión da
actividade que realiza a entidade solicitante, o número de persoas que
participan, o número de socios e socias da asociación, o orzamento total da
actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, así como a
adecuación das actividades ou investimentos ao interese provincial.
Comarca de Pontevedra. Foron subvencionadas 33 actividades culturais por
un importe total de 36.374 euros. En Barro, a XIV Xuntanza de Corais, a 2ª
Concentración de Veteranos Legionarios de Galicia e o Concerto Grosso da
Asociación Cultural Rubato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario