AREEIRO ANALIZA AS ÁRBORES DO PARQUE DE OS PASALES EN MEAÑO
A Estación
Fitopatolóxica realiza tamén un tratamento fitosanitario para evitar o picudo nas
palmeiras dos xardíns de Lourizán
Os técnicos
prantarán nos vindeiros días as novas árbores do polígono industrial de Barro-Meis
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación
de Pontevedra, acudiron hoxe ao parque de Os Pasales no Concello de Meaño para
realizar unha análise das súas árbores, que presentan mal estado logo da
reforma que se fixo na zona este verán. Tomáronse mostras do solo e das propias
plantas que serán estudadas no laboratorio para realizar unha diagnose. O
resultado desas análises estará dispoñible a vindeira semana.
O parque de Os Pasales ten dous tipos de árbores de grandes dimensións:
plátanos e fresnos. Os primeiros presentan un bo estado, sen embargo os
segundos teñen unha aparencia non saudable. A primeira impresión dos técnicos
de Areeiro ante este feito é que non se trata dun problema patolóxico
xeneralizado, senón dunha cuestión fisiolóxica propia dos fresnos, que coa
calor deste verán e co compacto do terreo puideron ter sufrido asfixia. Unha
vez se comprobe cal é o seu estado no laboratorio (se utiliza normalmente un
trirradar e un resistógrafo) se poderán aplicar os tratamentos máis acaídos.
Por teoría, dende Areeiro nunha se recomenda cortar a árbore nin facer unha
poda salvo que sexa estritamente preciso.
Praga de insectos
Por outra banda, na mañá de hoxe os técnicos de Areeiro remataron o
tratamento -iniciado o venres- da ducia de palmeiras que hai dentro do xardín
provincial do Centro Forestal de Lourizán (a antiga finca de Montero Ríos), que
estaban afectadas por unha praga de picudo. Para loitar contra este insecto realizouse
una fumigación cun canón de grandes dimensións que alcanza ata 25 metros de
altura e tamén funciona en horizontal. Foi preciso o traballo de dous técnicos.
Areeiro tamén se encargará da plantación das árbores das inmediacións do
viveiro de empresas do polígono industrial de Barro-Meis. Os exemplares
elixidos foron Eleagnus Umbellata,
máis coñecidos como 'olivas de outono', uns arbustos de grandes dimensións con
froitos vermellos moi saborosos e vistosos. O persoal da Estación
Fitopatolóxica acudirá ao parque nos vindeiros días, cando estea dispoñible a
maquinaria provincial para trasladar a terra necesaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario