§
O delegado territorial destacou que case 120 firmas da provincia
participaron este ano nesta feira, “o que demostra a aposta das nosas empresas
por ampliar mercados e reforzar a súa presenza no exterior”
§
Puido coñecer os novos produtos e iniciativas que puxeron en marcha
algunhas firmas grazas ao apoio da administración autonómica
O delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá
Conxemar, a feira dos productos do mar, onde puido coñecer os proxectos
innovadores que algunhas firmas da provincia de Pontevedra puxeron en marcha
grazas ao apoio da administración autonómica.
Cores Tourís, acompañado
do deputado provincial Luis Aragunde, destacou que “case 120 firmas da nosa
provincia participan nesta feira, demostrando a súa aposta pola ampliación de
mercados e por reforzar a súa presenza no exterior”, asegurou Cores Tourís.
O delegado territorial
aproveitou a segunda xornada desta feira para visitar varias das marcas e
firmas pontevedresas que asistiron a Conxemar e trasladar así o apoio a un
sector “que é, sen dúbida, un dos máis importantes da nosa provincia, con
numerosas firmas, empresas e empregos tanto no Salnés como nas comarcas de
Pontevedra, Vigo e Baixo Miño”.
“Polo que puidemos
comprobar existe unha unha afluencia maior nesta edición, o que ven a demostrar
que a nosa economía está remontando. Nótase un aumento de stands e na presenza
de países coma Canadá que despois de anos sen asistir volven a estar aquí
presentes”, asegurou Cores Tourís.
O
delegado territorial visitou varios stands de Conxemar coñecendo a labor,
produtos e iniciativas dalgunhas firmas da provincia que recibiron o apoio da
administración autonómica. Neste senso, Cores Tourís recordou que no último ano a Xunta destinou máis de 22,6
millóns de euros tanto a axudas ás industrias de transformación e comercialización
con cargo aos fondos europeos como a investimentos no ámbito da acuicultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario