A XUNTA INICIA HOXE A MELLORA DO FIRME EN CURRO(BARRO) E NO POUSADOIRO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 22 de octubre de 2015

A XUNTA INICIA HOXE A MELLORA DO FIRME EN CURRO(BARRO) E NO POUSADOIRO




A XUNTA INICIA HOXE A MELLORA DO FIRME EN DOUS TREITOS DAS ESTRADAS SAIAR – VILAGARCÍA E PONTEVEDRA - BAIÓN

§      Estenderase un microaglomerado para mellorar as características superficiais do firme da estrada PO-305 entre Sequeiros e o Alto do Pousadoiro
§      Actuarase tamén na zona de Curro, na estrada Pontevedra – Baión (PO-531)
§      A Consellería de Infraestruturas investirá máis de 35.000 euros nestas actuacións, que se executan mediante o contrato de conservación integral 
§      Será necesario realizar cortes puntuais dun dos carrís de circulación, que serán debidamente sinalizados, permitíndose o tráfico de xeito alterativo polo segundo carril

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe a mellora do firme en dous treitos das estradas Saiar- Vilagarcía (PO-305) e Pontevedra-Baión (PO-531).

Estas obras, que se desenvolven hoxe, consisten na rehabilitación do firme do treito comprendido entre Sequeiros e o Alto do Pousadoiro da estrada Saiar - Vilagarcía (PO-305) e tamén no treito con tres carrís da zona de Curro do vial Pontevedra – Baión (PO-531).

A Xunta investirá máis de 35.000 euros para a mellora das características superficiais destes treitos.

As actuacións levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 0+500 e 2+900 da estrada PO-305, no Concello de Caldas de Reis, e entre os puntos 8+200 e 8+600 da PO-531, no de Barro. Estes tramos contan na actualidade cun pavimento asfáltico que pola acción do tráfico e dos axentes atmosféricos foi perdendo a calidade de servizo esixida.

Os traballos previstos consistirán na extensión dun microaglomerado, o que permitirá aumentar a adherencia da capa de rodadura e prolongar a vida útil destas infraestrutura. Desenvolveranse no día de hoxe, e finalizaranse na xornada de mañá no caso de que non se consiga finalizalos hoxe.

Con estas actuacións, que se realizan mediante o contrato de conservación integral, o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para garantir unha circulación cómoda e segura dos usuarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario