A Conselleira de
Infraestruturas e Vivenda participou na inauguración das III Xornadas “Máis
Madeira” organizada polo Clúster da Madeira de Galicia
§
Concreta
que, segundo o “Informe sobre a situación do sector da vivenda en España”
elaborado polo Ministerio de Vivenda cada millón de euros investido en
obra nova mobilízanse 35 empregos, mentres que por cada millón de euros de
investimento inicial en rehabilitación de vivendas se crean 56,5 empregos
directos, indirectos e inducidos
§
Lembra
que Galicia foi a primeira comunidade en ter declarada un Área de
Rehabilitación e é a que ten un maior número delas recoñecidas en toda España
A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asegurou que o crecemento
sostible de Galicia pasa por aproveitar o patrimonio construído facéndoo con
con materiais e recursos autóctonos”. Vázquez fixo estas declaracións no
transcurso do acto de inauguración das III Xornada que organiza o Clúster da
Madeira de Galicia, baixo o lema “Máis Madeira”, centradas na rehabilitación.
Para a responsable de
Infraestruturas, hoxe en día, “faise necesario aproveitar a rehabilitación no
seu dobre beneficio, por unha banda, no mantemento do patrimonio que contribúe
á conservación de construcións históricas ou tradicionais e, por outra banda, a
ten un gran impacto na activación da economía, xa que son investimentos máis
baratos que a nova construción, polo que resultan máis asumibles. Ademais, as
obras de rehabilitación son as maiores xeradoras de emprego”.
Ethel Vázquez concretou que
segundo o “Informe sobre a situación do sector da vivenda en España” elaborado
polo Ministerio de Vivenda cada millón de euros investido en obra nova
mobilízanse 35 empregos, mentres que por cada millón de euros de investimento
inicial en rehabilitación de vivendas se crean 56,5 empregos directos,
indirectos e inducidos e incluso algúns estudos falan de 63 empregos.
Áreas de Rehabilitación
Lembrou que Galicia foi “a
primeira comunidade en ter declarada un área de rehabilitación e é a que ten un
maior número delas recoñecidas en toda España” e, ademais, remarcou “grazas ao
esforzo de moitas administracións, esta tarde teremos a oportunidade de asinar
co Ministerio de Fomento e con 38 concellos cadanseus convenios para as súas
áreas de rehabilitación, engadindo a área de rehabilitación do Camiño de
Santiago, cuxas axudas xestiona directamente o IGVS e chegarán a 108 concellos
de Galicia para manter ou recuperar as vivendas existentes situadas na súa
contorna”.
Así mesmo, Ethel Vázquez
explicou que “a madeira é un elemento clave na rehabilitación de vivendas,
porque tanto nas subvencións como nas rehabilitacións que executamos dende a
Xunta de Galicia en lugares como Lugo, Betanzos, Vigo ou Ourense este material
ten un papel preponderante”.
A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda destacou que Galicia é a primeira potencia forestal
do Estado e a novena a nivel europeo, destacando, ademais, polo desenvolvemento
de produtos pioneiros a escala internacional. Unha industria que, segundo os
datos do propio Clúster, agrupa 3.000 empresas, mantén 70.000 empregos directos
e representa o 3,5% do Produto Interior Bruto autonómico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario