A Xunta primará os proxectos de ámbito rural en su programa de emprendemento feminino ‘EMEGA’ - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 19 de octubre de 2015

A Xunta primará os proxectos de ámbito rural en su programa de emprendemento feminino ‘EMEGA’


  • A conselleira do Medio Rural e a secretaria xeral da Igualdade participaron hoxe na inauguración do acto do Día Internacional da Muller Rural
  • Ángeles Vázquez Mejuto manifestou o seu compromiso de seguir traballando para conseguir que as mulleres do rural sexan máis visibles social e economicamente
  • Susana López Abella explicou que en 2016 está previsto que o EMEGA dobre o seu orzamento, superando os 1,3 millóns de euros

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron hoxe na inauguración do acto do Día Internacional da Muller Rural, no que tamén estiveron presentes o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, e a Directora do Instituto da Muller, Rosa Urbón.
Durante a súa intervención, Susana López Abella explicou que un dos obxectivos do Goberno galego é incentivar o emprendemento orientado á muller rural e por iso anunciou que o ano que vén o programa EMEGA primará os proxectos de ámbito rural.
Este programa convócao anualmente Igualdade co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino e está previsto que en 2016 dobre o seu orzamento, pasando dos 670.000 euros actuais aos máis de 1,3 millóns de euros cos que contará o ano que vén.
Segundo a secretaria xeral as emprendedoras rurais “son os verdadeiros motores da nosa economía rural” e por iso a Xunta considerou necesaria a organización deste acto que ten dous claros obxectivos: poñer en valor o emprendemento feminino no medio rural e colocar sobre a mesa os retos que se atopan as mulleres que queren emprender.
“É o momento para que o noso medio rural, que tanto a dado a este país e a esta sociedade, teña outra oportunidade. Unha oportunidade que por demografía e talento vai levar nome de muller”, concluíu López Abella.
Visibilidade das mulleres
Pola súa parte, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, manifestou o seu compromiso persoal de seguir traballando “para conseguir que as mulleres sexan máis visibles social e economicamente, para superar a brecha de xénero en emprego e emprendemento e para promover a conciliación e a promoción da incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais”.
A titular de Medio Rural destacou que a muller ten un papel protagonista no agro, pero “tamén é certo que este rol non tivo ata o de agora o recoñecemento social, económico e instituticional que merece”. Por iso –engadiu- “temos que traballar arreo”.
Ángeles Vázquez sinalou ademais que é preciso conseguir a plena igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, tamén no rural. Neste mesmo sentido, advertiu que a súa “integración harmónica e solidaria é unha cuestión de xustiza, pero tamén é clave desde o punto de vista económico”.
A conselleira do Medio Rural salientou tamén o papel das mulleres no mundo do emprendemento rural, “malia as dificultades que representa para elas a conciliación da vida laboral e familiar” e remarcou que “o futuro do rural pasa, sen dúbida, pola posta en valor da muller e das súas capacidades persoais e profesionais”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario