Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 8 de octubre de 2011

BARRO CF: Fin do parón da liga de Terceira Rexional tras non desputarse tan só a primeira xornada.

BARRO C.F.

A liga de terceira Rexional de Pontevedra comezará mañá domingo desputándose a segunda xornada. Tras varias reunións dos clubes e negociacións coa Federación, onte venres pola noite decidiuse dar por finalizado o parón e desputar xa a xornada de mañá. Nesta reunión, que acabou preto das 11 da noite, tras diversas deliberacións dos clubes chegouse ó acordo de acepta-lo cambio proposto pola federación e comeza-la liga. O final a subida de precio das tasas arbitrais farase igualmente pero coa diferencia de que este ano subirá o 50% e para o ano que ven a outra metade, quedando así logrado o total do incremento no novo recibo unificado arbitral, o cal para os equipos de terceira Rexional quedará en 76 €, que cada un lle terá que pagar ó árbitro en cada partido na casa.
Por outra parte, o coste da ficha de cada xogador este ano é o seguinte:
cartón da ficha: 3 €
Mutualidade: 108 € (despois de haber subido tamén)
Esto suma un coste total para fichar a cada xogador de 111 €.
(Case nada)



Entón, para toda a afición do Barro C.F.: COMEZA A LIGA!!!!!!!!
Domingo 9 de outubro ás 16.30 Horas
Campo da Reiboa de Poio. (non no campo de arriba)
S.D. COMBARRO - BARRO C.F.

ESPERÁMOSVOS A TODOS!!! GRACIAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario