Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 6 de octubre de 2015

A Deputación de Pontevedra subvenciona en Barro o Quinteto Rubato de Adrian Silva e os Legionarios de Galicia de Patricio García



Un total de 260 actividades culturais celebradas por entidades de toda a provincia perciben un total de 279.898 euros nesta liña de axudas
Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de aprobar as axudas do Plan de actividades culturais  para asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven diversas actuacións en concellos de toda a provincia. En total aprobáronse 260 subvencións por un importe de case 280.000 euros. Estas axudas contemplan intercambios culturais, festivais ou exposicións.
Ao igual que nas outras dúas liñas de axudas deste Plan, a concesión das subvencións realizouse en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación criterios como a difusión da actividade que realiza a entidade solicitante, o número de persoas que participan, o número de socios e socias da asociación, o orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, así como a adecuación das actividades ou investimentos ao interese provincial. 

Comarca de Pontevedra. Foron subvencionadas 33 actividades culturais por un importe total de 36.374 euros. En Barro, a XIV Xuntanza de Corais, a 2ª Concentración de Veteranos Legionarios de Galicia e o Concerto Grosso da Asociación Cultural Rubato.  

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario