Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 6 de octubre de 2015

CORES TOURÍS VISITOU CONXEMAR PARA MOSTRAR O SEU APOIO AS EMPRESAS DESTE SECTOR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA




§         O delegado territorial destacou que case 120 firmas da provincia participaron este ano nesta feira, “o que demostra a aposta das nosas empresas por ampliar mercados e reforzar a súa presenza no exterior”
§         Puido coñecer os novos produtos e iniciativas que puxeron en marcha algunhas firmas grazas ao apoio da administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá Conxemar, a feira dos productos do mar, onde puido coñecer os proxectos innovadores que algunhas firmas da provincia de Pontevedra puxeron en marcha grazas ao apoio da administración autonómica.

Cores Tourís, acompañado do deputado provincial Luis Aragunde, destacou que “case 120 firmas da nosa provincia participan nesta feira, demostrando a súa aposta pola ampliación de mercados e por reforzar a súa presenza no exterior”, asegurou Cores Tourís.    

O delegado territorial aproveitou a segunda xornada desta feira para visitar varias das marcas e firmas pontevedresas que asistiron a Conxemar e trasladar así o apoio a un sector “que é, sen dúbida, un dos máis importantes da nosa provincia, con numerosas firmas, empresas e empregos tanto no Salnés como nas comarcas de Pontevedra, Vigo e Baixo Miño”.

“Polo que puidemos comprobar existe unha unha afluencia maior nesta edición, o que ven a demostrar que a nosa economía está remontando. Nótase un aumento de stands e na presenza de países coma Canadá que despois de anos sen asistir volven a estar aquí presentes”, asegurou Cores Tourís.

O delegado territorial visitou varios stands de Conxemar coñecendo a labor, produtos e iniciativas dalgunhas firmas da provincia que recibiron o apoio da administración autonómica. Neste senso, Cores Tourís recordou que  no último ano a Xunta destinou máis de 22,6 millóns de euros tanto a axudas ás industrias de transformación e comercialización con cargo aos fondos europeos como a investimentos no ámbito da acuicultura.

O responsable da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra destacou o elevado número de visitantes, de intercambios comerciais e de contactos que se están a xerar ao longo destes tres días de feita. “Isto ven a demostrar que existe unha importante fidelidade do sector empresarial e das diferentes institucións por esta feira na que, ademais de numerosos países de todo o mundo e das nosas comunidades autónomas, tamén conta coas firmas máis importantes de Galicia, moitas delas con sede nalgún dos concellos da nosa provincia, e que se atopan, nestes intres, introducindo ou fidelizando o seu produto en moitos mercados estranxeiros”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario