Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 28 de febrero de 2017

A XUNTA INVITA AS DEPUTACIÓNS A REFORZAR A COORDINACIÓN PARA SER MÁIS EFICACES NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS



Feijóo reuniuse esta tarde coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva


A Xunta de Galicia aposta por desenvolver o protocolo de coordinación asinado no ano 2012 coas deputacións provinciais, co obxectivo de mellorar a coordinación entre administracións e ofrecer así un mellor servizo aos cidadáns, con un uso máis eficaz e eficiente dos recursos públicos.

“Unha administración, unha competencia, un servizo”, indicou aos medios o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión que mantivo esta tarde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a esta xuntanza seguirán, en vindeiras datas, encontros cos responsables das deputacións de Lugo e de Ourense.

Rueda, que cualificou a reunión coa responsable pontevedresa de cordial, manifestou a vontade da Xunta de Galicia de estudar a actual situación de prestación de servizos e clarificar quen debe prestar cada competencia entre a Administración autonómica e a provincial.

Nese sentido, explicou que desde a Deputación de Pontevedra se trouxo a colación o caso do Colexio Príncipe Felipe e recordou que no caso doutras provincias tamén existen situacións nas que as deputacións prestan competencias que non lle son propias e que haberá que estudar a situación a nivel global, tendo en conta tamén as competencias que presta na actualidade a Xunta e que lle correspondería facelo ás deputacións.


Nesa liña, o vicepresidente citou expresamente ámbitos como as emerxencias, a rede de estradas ou o abastecemento e o saneamento e insistiu na necesidade de abordar o debate a nivel xeral e de forma rigorosa. “Pedimos datos concretos de custos e financiamento”, sinalou Rueda, que abundou en que é preciso dispoñer dunha fotografía real da situación que hai na actualidade para poder clarificala e evitar duplicidades.  


Augas de Galicia realizó los trabajos de mantenimiento y conservación de la margen del río Agra, en Portas.
Esta actuación, en la que se invirtieron cerca de 3.000 euros, consistió en el desbroce de restos vegetales y por las caídas sobre el canal, así como la retirada de una cepa para proteger el talud.
Los trabajos, que se llevaron a cabo durante este mes de febrero, se realizaron de forma puntual a lo largo del tramo del río que discurre por la parroquia de Barosa-Briallos.
Con esta actuación, Augas de Galicia pretende mejorar los espacios de dominio público, las zonas de acceso y la protección de las márgenes de los ríos en las cuencas de la cuenca Galicia-Costa.
La importancia de estos trabajos radica en la prevención, mantenimiento y conservación de los espacios naturales de ribera con el fin de garantizar el equilibrio de los ecosistemas y la calidad de los recursos hídricos de Galicia.
http://pontevedraviva.com/xeral/34661/augas-galicia-acondiciona-margenes-rio-agra-portas/?lang=es

A XUNTA DEFENDE A NECESIDADE DE CONTINUAR INCENTIVANDO O USO DAS VIVENDAS BALEIRAS EXISTENTES EN GALICIA




  • O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo explicou no Parlamento as medidas da Xunta, fronte ás actuacións recadatorias que defende a oposición, a través de recargas no IBI
  • O Goberno galego propón que, no Plan de Vivenda 2018-2021, se regule o concepto de vivenda baleira

A Xunta propuxo ao Ministerio de Fomento que, no próximo Plan de Vivenda 2018-2021, se regule a definición de vivenda baleira, co obxectivo de igualar as distintas definicións que existen respecto das vivendas desocupadas.

Na súa comparecencia no Parlamento de Galicia, o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, explicou que esta proposta está incluída no escrito remitido pola Consellería ao Ministerio no pasado mes de xaneiro. García Porto respondía a unha pregunta sobre as xestións realizadas pola Xunta para que o goberno de España regulase dita definición para que os concellos que o desexen poidan aplicar recargas no IBI ás vivendas desocupadas.

O director salientou que “o Goberno autonómico prefire actuar a través de medidas positivas que incentiven a posta en servizo de ditos inmobles, en vez de empregar actuacións recadatorias, como son os recargas no IBI, que calificou como “pouco efectivo dende o punto de vista de dinamización do parque de vivendas baleiras”.

A política do Executivo autonómico aposta por convenios coa Sareb e entidades financeiras, o Censo de Vivendas Baleiras e o Programa de Vivendas Baleiras, que van dirixidos a poñer a disposición dos cidadáns, e de maneira moi especial dos máis desfavorecidos, vivendas desocupadas, ofrecendo incentivos aos propietarios das mesmas e axudas aos adxudicatarios.

García Porto remarcou que “o Programa de Vivendas Baleiras mobiliza o parque de vivendas desocupadas existentes en Galicia, calquera que sexa o seu propietario, para destinalas a alugueiro social, por iso este sistema desenvolvese en colaboración cos concellos, que son os encargados de incorporar os inmobles ao programa da Xunta, así como da adxudicación das mesmas, mentres a Consellería de Infraestruturas e Vivenda outorga garantías aos propietarios, a través dun seguro multirrisco fogar e un seguro de pago da renda e asistencia xurídica, que cubrirá as vivendas incorporadas ao programa durante o tempo que estean alugadas”.

Ademais, indicou que os adxudicatarios de vivendas do Programa de Vivendas Baleiras poden beneficiarse, se cumpren os requisitos establecidos, das axudas do Bono de Alugueiro Social.

O director do IGVS puxo o exemplo da cidade da Coruña, onde o prezo máximo do alugueiro de vivendas que se incluísen no Programa de Vivendas Baleiras é de 350 euros mensuais e a axuda do Bono de Alugueiro Social é de 200 euros mensuais, polo que a Xunta correría con máis do 50 % do custe do alugueiro durante un período máximo de tres anos.

Por outra parte, aclarou que “o Censo de Vivendas Baleiras recolle as vivendas desocupadas e en estado de habitabilidade propiedade das entidades financeiras e as súas inmobiliarias nos concellos de máis de 10.000 habitantes. A través deste Censo a Xunta coñece o número, situación e características das vivendas baleiras, o que permitirá planificar medidas axeitadas en cada caso”.

lunes, 27 de febrero de 2017

Xunta de Galicia:COMPARTE SAUDE. #SúmateDoaSangue SEMANA 27 FEBREIRO 2017 Ó 5 MARZO 2017.PROVINCIA: PONTEVEDRA

Seguindo coa nosa colaboración coa ADOS , Axencia de Doazón deÓrganos e Sangue, dentro da campaña "COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE", publicamos a ubicación das UM de Doazón de Sangue para esta semana. E xa sabedes, doade sangue.É compartir saude. #SúmateDoaSangue .