§ Como son obras de rehabilitación de
firme, non son necesarias expropiacións nin se afecta a ningún servizo que non
sexa a propia circulación do tráfico, que estará debidamente sinalizado
§ A través do Plan de reforzos de firme,
a Consellería de Infraestruturas mellorará case 700 quilómetros de estradas de
titularidade autonómica
A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica
hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de
rehabilitación de firme en treitos localizados de estradas na provincia de
Pontevedra, co fin de incrementar
a seguridade viaria. Esta actuación ten un prazo de execución de 3 meses e
contan cun orzamento de case 850.000 euros.
Para obter
máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/xDkQvC.
Estes
traballos que se licitan iniciaranse este verán e teñen como obxectivo a
mellora destas vías, para acadar unha condución máis cómoda e segura. Así
mesmo, estas tarefas permiten prolongar a vida útil do pavimento das estradas.
Na estrada
PO-531 están previstas as actuacións principais, cun orzamento que ascende
a case 630.000 € e botarase unha nova capa rodadura dende o Pq. 1+520
(glorieta na intersección de acceso ao polígono industrial, no Concello de
Pontevedra) ao 7+700 (preto da ITV do polígono de Sequeiros, no Concello de
Barro); neste punto iníciase a obra licitada pola Axencia Galega de
Infraestruturas (AXI) de mellora da seguridade viaria na contorna do acceso ao
polígono de Sequeiros.
Tamén se
traballará entre o punto quilométrico 11+800 (enlace de Curro) ao 18+750 (San
Simón), nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa.
No caso da
vía PO-226 levaranse a cabo reparacións puntuais a longo de toda a estrada, de
12,15 quilómetros (concellos de Cuntis, Moraña e Barro); ademais dos
treitos: 1+000 a 1+740, 2+640 a 4+560, 6+190 a 6+680, 7+540 a 9+150, 9+660
a 11+040. Nesta estrada investiranse algo mais de 140.000 €.
Finalmente,
na PO-308 executaranse arranxos nos seguintes tramos: 3+500 a 5+300, 6+260
a 8+240, 8+940 a 10+290, 11+200 a 15+400 (concellos de Poio e Sanxenxo).
Ademais, o proxecto prevé o repintado das seguintes estradas autonómicas:
-
VG-4.1 Sanxenxo (AG-41) - A Lanzada (PO-550)
-
VG-4.7 Carril (PO-548) - Baión (N-640) (Variante de Vilagarcía de Arousa)
-
PO-225 Alba (N-550) - San Caetano (PO-531)
-
PO-309 Poio Sur (PO-308) - AP-9
-
PO-310 Poio (PO-308) - Campañó (PO-531)
Plan de
Reforzos de Firme
Estas
actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de
Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de
titularidade autonómica.
O Goberno
galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria
autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e
proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de
vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
A Consellería
de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de
conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas
ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de
conservación extraordinarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario