A XUNTA TRABALLA PARA ARRANXAR O ANTES POSIBLE OS PROBLEMAS CAUSADOS POLO TEMPORAL DE CHUVIAS E VENTO NAS ESTRADAS GALEGAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 4 de febrero de 2017

A XUNTA TRABALLA PARA ARRANXAR O ANTES POSIBLE OS PROBLEMAS CAUSADOS POLO TEMPORAL DE CHUVIAS E VENTO NAS ESTRADAS GALEGAS




O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, revisou os desperfectos na pasarela peonil que se está a construír na  PO-308 na Lanzada



§  Menéndez explicou que, nesta área, o forte vento causou danos na pasarela, concretamente, levantou 140 metros desta infraestrutura, na zona máis exposta ao vento
§  Dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estudarase a mellor solución para asegurar a pasarela e evitar que esta situación se repita
§  O director da Axencia de Infraestruturas aclaa que esta foi unha das moitas incidencias ocorridas nas estradas autonómicas e que, neste momento, xa están case todas arranxadas
§  Só se mantén cortada a estrada PO-534, a o seu paso polo Concello de Forcarei, no PQ 19+200 pola caída de torreta eléctrica

 O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou hoxe o estado da estrada PO-308, ao seu paso polo Concello de Sanxenxo, na zona da Lanzada, que se viu afectada polas condicións meteorolóxicas adversas da pasada noite que causaron a rotura da pasarela peonil que se atopa en obras.

Menéndez explicou que, nesta área, o forte vento causou desperfectos na pasarela, concretamente, levantou 140 metros desta infraestrutura, na zona máis exposta ao vento. Polo que, dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estase a buscar a mellor solución para lastrar a pasarela e evitar que esta situación se repita.

O responsable da AXI avanzou que as actuación que se teñan que levar a cabo será aboadas polo seguro da empresa que está executando as obras nesta zona ou polo Consorcio de Compensación de Seguros.

Na a súa visita, Francisco Menéndez aclarou que esta foi unha das moitas incidencias ocorridas nas estradas autonómicas e que, neste momento, xa están case todas arranxadas, tan só se mantén cortada a estrada PO-534, a o seu paso polo Concello de Forcarei, no PQ 19+200 pola caída de torreta eléctrica.

Concretamente, contabilizáronse 85 puntos na rede autonómica con incidentes pola situación meteorolóxica, entre as 21.00 horas de onte e as 8:00 da maña de hoxe. Durante a noite, cortouse a PO-552 entre Baiona e o final da AG-57, por mor do oleaxe na zona. Por outra banda, recibíronse 73 avisos de caída de árbores e as estradas máis afectadas foron:

ü  Na PO-340 (PQ 19+500) houbo un pequeno desprendemento con pedras na gabia, sen afección ao tráfico.
ü  A PO-244 (Ponte Caldelas (PO-255)-Soutomaior), con 5 árbores caídos.
ü  A PO-400 Salvaterra (PO-403) - Filgueira (PO-801), con outros 5 árbores derrubados.
ü  No punto quilométrico 15+700 da PO-510 (Atios (N-550) - Salvaterra (PO-400)) tamén se viu afectada pola caída de vexetación á vía.

Na provincia de Lugo:
ü  Entre outras, veuse afectada a LU-611 (PQ 19+000), tamén por caídas de árbores.
ü  Ademais, foi necesario empregar máquinas quitaneves nas estradas LU-633 (entre os PQ 0+000 e 20+000), na LU-637 (entre os PQ 0+000 e 6+000). Consumíronse 10 toneladas de sal.

Na provincia da Coruña:
ü  Entre outras, houbo incidencias na AC-566 (PQ 22+900) e na AC-221 no punto quilométrico 1+100.
ü  Tamén varias incidencias na AG-59 (PQ 6+100),  na AC-451 (PQ 1+500),  AC-552 ((PQ 90+000) e na AC-445 (PQ 2+500) pola caída de elementos nas calzadas, que foron ca todos eles retirados.
ü  Así mesmo, desprendéronse 3 pantallas antirruido na AG-56 Santiago-Brión, que xa foron retiradas aínda que non chegaron a afectar ao tráfico. 

Na provincia de Ourense:
ü  Aquí hai que circular con precaución polas estradas: OU-113 (PQ 23+000), OU-301 (PQ 17+000), OU-402 (PQ 35+000), OU-504 (PQ 15+000), OU-533 (PQ 37+000), OU-536 (PQ 6+000) e a OU-902 (dende o pq 15+000 ata o 26+000).
   
Os técnicos pertencentes ao Programa de Conservación Integral que está desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica.

Por último, o director da AXI insistiu en que s previsións meteorolóxicas prevén que as dificultades se manteñan, polo que é necesario facer un chamamento á precaución na circulación, e a axeitar a velocidade ás condicións meteorolóxicas en cada momento, especialmente na noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario