Os negocios ocuparán seis
naves e cinco oficinas do viveiro, que xa ten unha ocupación de máis de 60 por
cento
A Comisión de Selección da Deputación de
Pontevedra aprobou hoxe a instalación de oito novas empresas no viveiro de
empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, que pasarán a
ocupar un total de seis naves e cinco oficinas deste espazo. Deste xeito o
viveiro, acollerá un comercio ao por menor de produtos alimenticios en
establecemento, unha empresa de venda de tratamento de augas, un negocio
dedicado á captura, explotación, proceso e comercialización de produtos invertebrados
do mar, ou unha empresa de deseño e fabricación de compoñentes de aluminio
Ademais, tamén se incorporan un comercio
exterior de importación e exportación de peixes e mariscos, un negocio de
servizos técnicos de enxeñaría, asistencia métrica e posta en valor en sectores
como o patrimonio naval, cultural, obra civil e industrial, un comercio de
restauración estética e recuperación de vehículos, e por último, unha empresa
de xestión e tramitación de subvencións e licitacións públicas a pequenas e
medianas empresas.
O viveiro de empresas de Barro-Meis conta
con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12
postos de traballo. Con estas novas solicitudes, que se suman ás aprobadas con
anterioridade, as taxas de ocupación doviveiro son do 62,5% no caso das naves e
do 58,3% en canto ás oficinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario