A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO CELEBRAN A PRIMEIRA XUNTANZA DA COMISIÓN SOBRE A AP-9, QUE SE REUNIRÁ CUNHA PERIOCIDADE MÍNIMA SEMESTRAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 24 de febrero de 2017

A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO CELEBRAN A PRIMEIRA XUNTANZA DA COMISIÓN SOBRE A AP-9, QUE SE REUNIRÁ CUNHA PERIOCIDADE MÍNIMA SEMESTRAL



A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reuníronse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar e cargos do Ministerio

O Ministerio de Fomento confirmou a vontade de aplicar medidas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela
  • Neste encontro acordouse solicitar ao Concello de Vigo unha proposta técnica para a remodelación da AP-9 na zona urbana de Vigo
  • Avanzou que o vindeiro mes de abril se prevé licitar as obras do acceso á Cidade da Cultura
  • A Xunta e Fomento farán seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas de máis tráfico

A Xunta e o Ministerio de Fomento celebraron hoxe en Madrid a primeira xuntanza da comisión sobre a autoestrada do Atlántico, a AP-9, que se reunirá cunha periodicidade mínima semestral. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participaron na reunión, que se celebrou en Madrid, e estivo presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gomez-Pomar, coa presencia doutros cargos do Ministerio de Fomento.

Dáse así cumprimento ao acordo acadado o pasado 31 de xaneiro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que avanzaron a constitución da comisión sobre a AP-9 neste mes de febreiro.

Nesta xuntanza os representantes de ambas administracións abordaron tanto a situación das obras en marcha na autoestrada como os avances nas actuacións planificadas na AP-9. Neste sentido, o Ministerio de Fomento avanzou que no vindeiro mes de abril prevé licitar as obras do novo acceso á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O Ministerio de Fomento tamén confirmou a vontade de aplicar as medidas precisas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela.

Ademais, os responsables de ambas administracións abordaron a situación do treito urbano da AP-9 na cidade de Vigo e acordaron solicitarlle ao Concello da unha proposta técnica para a remodelación do ámbito.

No encontro tamén se estableceu que a Xunta e o Ministerio de Fomento realizarán un seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas do ano nas que se rexistra máis tráfico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario