A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS DESTACA A APOSTA POLA MELLORA DA REDE VIARIA DA COMARCA DE PONTEVEDRA MEDIANTE O IMPULSO DO PLAN DE SENDAS OU A VARIANTE DE ALBA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 5 de febrero de 2017

A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS DESTACA A APOSTA POLA MELLORA DA REDE VIARIA DA COMARCA DE PONTEVEDRA MEDIANTE O IMPULSO DO PLAN DE SENDAS OU A VARIANTE DE ALBA



O director da Axencia Galega de Infraestruturas abordou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia as actuacións nas que está a traballar o Executivo autonómico para optimizar a mobilidade no concello e a bisbarra de Pontevedra



§      Francisco Menéndez indica que o Goberno galego considera axeitado que o Concello de Pontevedra poida traballar no treito máis urbano da estrada PO-546 unha vez que se formalice a cesión de titularidade da vía
§      Lembra que o Plan de Sendas de Galicia na comarca de Pontevedra prevé a execución de 16 itinerarios seguros e sustentables en case 16 quilómetros da rede autonómica de estradas
§      O director explica que a variante de Alba, cun investimento de 5 millóns de euros por parte da Xunta, permitirá conectar a estrada de Vilagarcía e a de Santiago, sen transitar por unha vía con menos capacidade como a PO-225

 O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, destacou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia que a Xunta está a traballar na mellora da funcionalidade da rede viaria da comarca e do concello de Pontevedra mediante o impulso de actuacións como o Plan de Sendas ou a variante de Alba.

Francisco Menéndez indicou que o Goberno galego considera axeitado que o Concello de Pontevedra, pola súa interese de acondicionamento de espazos urbanos, poida traballar no treito máis integrado na cidade da PO-546 unha vez que se formalice a cesión de titularidade da estrada. Neste sentido, lembrou que na última reunión entre o alcalde de Pontevedra e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o rexedor manifestou que estudaría solicitar a cesión do treito máis urbano desta estrada para actuar nel dende a administración municipal, cuestión que será informada favorablemente pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Menéndez explicou que a funcionalidade do tránsito peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín quedará mellorado pola construción, por parte da Dirección Xeral de Costas, dun paseo paralelo á ría, que dará continuidade, por un lado, ao paseo que parte de Pontevedra e, por outro, á pasarela peonil que se inicia en Os Praceres.

O director da AXI subliñou que a Xunta ten previsto importantes investimentos no Concello de Pontevedra, de acordo coas súas prioridades en materia de funcionalidade da rede de estradas, e seguridade viaria. Así, concretou que son de interese autonómico actuacións como a construción da variante de Alba e mellora da PO-531 ou os itinerarios identificados como prioritarios no Plan de Sendas de Galicia e que se van executar proximamente.

No que se refire ao Plan de Sendas de Galicia na comarca de Pontevedra, a Xunta prevé a execución de 16 itinerarios en case 16 quilómetros de lonxitude da rede autonómica de estradas. Para o concello de Pontevedra, en concreto, identificáronse nove treitos, de grande importancia, dous deles na PO-531, unha das estradas convencionais con maior intensidade de tráfico de Galicia, en concreto 1,5 quilómetros en O Freixo e A Devesa, que permitirán percorridos peonís hoxe inviables. Tamén se actuará en tres treitos da PO-223, que suman 2,35 km na Piolla, O Sobral e O Couso; en 900 metros da PO-542, dando continuidade ás beirarrúas existentes, e máis dun quilómetro na PO-225 ,en Alba, nun treito que se liberará de tráfico coa entrada en servizo da variante. Ademais, en concellos limítrofes como Poio ou Barro tamén se executarán sendas importantes en estradas como a PO-308, PO-309 ou PO-531, que beneficiarán aos cidadáns de Pontevedra.

Outra actuación prioritaria para a mellora da mobilidade no Concello de Pontevedra é a Variante de Alba, que permitirá conectar a estrada de Vilagarcía e a de Santiago, sen necesidade transitar por unha vía como a PO-225, en Alba.

Francisco Menéndez destacou que esta actuación suporá un investimento por parte do Goberno galego de 5 millóns de euros. Engadiu que se lle remitiu ao Concello a proposta de trazado, que a aceptou sinalando que era necesario prever como resolver a mobilidade peonil, polo que se está a incorporar esa suxestión no documento, para así poder someter proximamente a información pública o proxecto de trazado

No hay comentarios:

Publicar un comentario