Os municipios da provincia de menos de
20.000 habitantes poderán solicitalas desde este martes unha vez publicadas as
bases no BOPPO
Os
concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes xa poden
solicitar desde onte martes, 21 de febreiro; e ata o 22 de marzo as subvencións
da Deputación para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da
violencia de xénero cuxa convocatoria
foi publicada este luns no BOPPO.
O
programa de axudas, impulsado a través do Servizo de Igualdade da Deputación de
Pontevedra, ten como obxectivo a implicación dos concellos da provincia na
consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes en todos
os ámbitos da vida social, política, económica e cultural, así como a loita
contra a lacra social da violencia de xénero.
En total
destínase a esta convocatoria un máximo de 200.000 euros e cada administración
local poderá obter un máximo de 6.000 euros. Os proxectos, programas e
actividades que se poderán financiar son as actividades de sensibilización,
formación e prevención da violencia machista; os proxectos e iniciativas
xurdidas dos acordos das mesas locais de coordinación interinstitucional contra
a violencia de xénero; os proxectos para a mellora da atención integral ás
vítimas de violencia de xénero, ás súas fillas e fillos e ás persoas
dependentes ao seu cargo; programas e actuacións destinadas a mulleres en
situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; proxectos
encamiñados a mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e a
inserción laboral das mulleres; as accións e actividades encamiñadas á
elaboración do plan municipal de igualdade, así como as orientadas á súa
difusión e avaliación; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que
favorezan a corresponsabilidade e a conciliación da vida persoal, familiar e
profesional; accións e actividades de prevención e sensibilización no eido
educativo dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias co fin de dotalos
de estratexias educativas para o fomento da igualdade de trato e oportunidades;
e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade
No hay comentarios:
Publicar un comentario