- ADOS promove a quinta edición do certame de curtas para escolares e a segunda para alumnos universitarios relacionadas coa doazón e os transplantes, tanto de órganos como de medula ósea
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os alumnos e alumnas de ensino medio e universitario de Galicia a tomar parte no II Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea e o V Concurso de Curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes.
As bases das convocatorias deste dous certames poden descargarse nos seguintes enlaces da páxina web de ADOS:
V Concurso de Curtas para escolares: http://ctg.sergas.es/DDoazondemedulaosea/18/Bases%20concurso%20escolar%20curtas.pdf
II Concurso Universitario de Curtametraxes:
Participantes
Na quinta edición do concurso de curtametraxes para escolares, poden participar os estudantes de bacharelato e ciclos formativos de grao medio de todos os centros educativos de Galicia, mentres que na segunda edición do certame para o colectivo universitario, poderán concorrer os estudantes matriculados durante o presente curso académico nas centros do Sistema Universitario de Galicia e nos centros asociados da UNED na nosa Comunidade. En ambos casos, a data límite para a presentación de traballos conclúe o día 21 de abril.
ADOS quere animar a que tomen parte nesta iniciativa todos os estudantes galegos, xa que esta iniciativa promove unha actitude solidaria e favorable ao xeneroso xesto da doazón entre os nosos xoves, permitíndolles coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema sociosanitario, tal e como aconteceu cos gañadores da pasada edición, cuxas curtametraxes están colgadas na web: ados.sergas.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario