A XUNTA INVITA AS DEPUTACIÓNS A REFORZAR A COORDINACIÓN PARA SER MÁIS EFICACES NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 28 de febrero de 2017

A XUNTA INVITA AS DEPUTACIÓNS A REFORZAR A COORDINACIÓN PARA SER MÁIS EFICACES NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS



Feijóo reuniuse esta tarde coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva


A Xunta de Galicia aposta por desenvolver o protocolo de coordinación asinado no ano 2012 coas deputacións provinciais, co obxectivo de mellorar a coordinación entre administracións e ofrecer así un mellor servizo aos cidadáns, con un uso máis eficaz e eficiente dos recursos públicos.

“Unha administración, unha competencia, un servizo”, indicou aos medios o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión que mantivo esta tarde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a esta xuntanza seguirán, en vindeiras datas, encontros cos responsables das deputacións de Lugo e de Ourense.

Rueda, que cualificou a reunión coa responsable pontevedresa de cordial, manifestou a vontade da Xunta de Galicia de estudar a actual situación de prestación de servizos e clarificar quen debe prestar cada competencia entre a Administración autonómica e a provincial.

Nese sentido, explicou que desde a Deputación de Pontevedra se trouxo a colación o caso do Colexio Príncipe Felipe e recordou que no caso doutras provincias tamén existen situacións nas que as deputacións prestan competencias que non lle son propias e que haberá que estudar a situación a nivel global, tendo en conta tamén as competencias que presta na actualidade a Xunta e que lle correspondería facelo ás deputacións.


Nesa liña, o vicepresidente citou expresamente ámbitos como as emerxencias, a rede de estradas ou o abastecemento e o saneamento e insistiu na necesidade de abordar o debate a nivel xeral e de forma rigorosa. “Pedimos datos concretos de custos e financiamento”, sinalou Rueda, que abundou en que é preciso dispoñer dunha fotografía real da situación que hai na actualidade para poder clarificala e evitar duplicidades.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario