Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 21 de febrero de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA AS AXUDAS PARA CONCELLOS DESTINADAS A FOMENTO DA IGUALDADE





Os municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes poderán solicitalas desde este martes unha vez publicadas as bases no BOPPO

Os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes xa poden solicitar desde onte martes, 21 de febreiro; e ata o 22 de marzo as subvencións da Deputación para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero  cuxa convocatoria foi publicada este luns no BOPPO.

O programa de axudas, impulsado a través do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo a implicación dos concellos da provincia na consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes en todos os ámbitos da vida social, política, económica e cultural, así como a loita contra a lacra social da violencia de xénero.

En total destínase a esta convocatoria un máximo de 200.000 euros e cada administración local poderá obter un máximo de 6.000 euros. Os proxectos, programas e actividades que se poderán financiar son as actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; os proxectos e iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; os proxectos para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero, ás súas fillas e fillos e ás persoas dependentes ao seu cargo; programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; proxectos encamiñados a mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; as accións e actividades encamiñadas á elaboración do plan municipal de igualdade, así como as orientadas á súa difusión e avaliación; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade e a conciliación da vida persoal, familiar e profesional; accións e actividades de prevención e sensibilización no eido educativo dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias co fin de dotalos de estratexias educativas para o fomento da igualdade de trato e oportunidades; e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade

No hay comentarios:

Publicar un comentario