A DEPUTACIÓN ESTUDIA REALIZAR CON ADEGA A CAMPAÑA DE SEGUIMENTO E FORMACIÓN DO PLAN PILOTO DE COMPOSTAXE QUE LEVARÁ A CABO CON 2.000 FAMILIAS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 22 de febrero de 2013

A DEPUTACIÓN ESTUDIA REALIZAR CON ADEGA A CAMPAÑA DE SEGUIMENTO E FORMACIÓN DO PLAN PILOTO DE COMPOSTAXE QUE LEVARÁ A CABO CON 2.000 FAMILIAS DA PROVINCIA


A Deputación de Pontevedra estudia a posible colaboración coa asociación ecoloxista Adega para levar a cabo o plan piloto de compostaxe con 2.000 familias da provincia de Pontevedra que serán seleccionadas nos concellos que se adheriron ao plan provincial de recollida de lixo.

Adega interesouse por este proxecto da Deputación e hoxe, o seu secretario xeral a técnica María Rodríguez mantiveron unha xuntanza de traballo con técnicos provinciais para conocer de primeira mán os plans da Deputación e ofrecer a súa colaboración.

Ésta consistiría en que Adega levaría a cabo a campaña de seguimento e de educación ás familias ás que a Deputación entregará 2.000 composteiros para as súas vivendas e hortas. A acción suporá visita periódicas e xornadas para ensinar a separación de materia orgánica para a súa composición en compost perante perto dun ano.

Adega xa veu realizando este tipo de seguimento e campañas de formación con proxectos desenvueltos por Sogama, o Concello de A Coruña ou a Mancomunidade de O Morrazo.

Ademais de Adega, interesaronse por levar a cabo estas acción do plan piloto da Deputación outras asociacións ecoloxistas sin ánimo de lucro.

O plan da Deputación prevé recuperar 1.000 toneladas ao ano, que non irán a Sogama, e que suporán un aforro de 60.000 euros anuais máis os costes derivados de que non será preciso recoller. O plan prevé tamén que as propias familias utilicen o compost como abono e os seus resultados servirán para determinar a viabilidade futura da compostaxe na provincia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario