AC Amigos da Fervenza da Barosa organiza o 23-F unha xornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 13 de febrero de 2013

AC Amigos da Fervenza da Barosa organiza o 23-F unha xornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro

A  Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" organiza o 23-F unha xornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro, situado no Parque da Natureza Ría de Barosa.

Fusión de Cervexa Artesanal+Gastronomía+Natureza en Barosa Gastronatural, acompañado dunha visita previa á fábrica de Saramagal que está na parroquia de Agudelo (Barro) para coñecer o proceso de elaboración dunha cervexa artesanal que ten unha característica especial na súa elaboración como é a "burbuxa do champán".

Esta é unha das actividades que Amigos da Fervenza programou para este primeiro semestre do 2013 coa intención de dinamizar o turismo, e a gastronomía local, eixo fundamental que promove esta asociación. A unión de duas empresas cun gran potencial como Barosa Gastro, situado nun entorno natural envidiable e cunha cociña tradicional que conxuga toques contemporáneos e Saramagal Cervexa Artesanal elaborada no noso concello é unha fórmula que terá un éxito asegurado tanto pola calidade como pola implicación das dúas entidades.

A inscripción na xornada ten un custe de 6€ por persoa e inclue o seguinte:
PROGRAMA:
18.00. Punto de Encontro. Praza Pública, Concello de Barro.
18.30. Visita á fábrica de Saramagal. "Como se elabora unha cervexa artesán".
19.30. Fin da visita a Saramagal. Saida hacia Barosa Gastronatural.
19.45. Degustación das cervexas de Saramagal en Barosa Gastronatural.
- Desgustación de Saramagal Stipe cunha tapa de Alas de polo con pataca panadeira,almendoa doce e refogado de cervexa Saramagal.
- Desgustación de Saramagal Inmaculate cunha tapa de Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.
21.30. Fin da xornada.
22.00. Opcional. Cea-Degustación en Barosa Gastro.
Rematada a xornada, as persoas que desexen quedarse a disfrutar da espectacular Fervenza, da Muiñada e da cociña de Barosa Gastronatural poderán facelo a partires das 22:00 horas nunha cea (baixo reserva e prazas limitadas e a prezo especial) cos seguintes menús a escoller.

1.- Entrante + Pavo o forno de pedra con almendoa, noz e pimenta branca con guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  
17€ precio/persoa. 
-------------------------
2.- Entrante + Branquita de porco celta rechea de febras, albahaca, tomillo, menta e guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  
12€ precio/persoa.
  
Para calquera das dúas actividades o peche das reservas debe facerse o venres 22 antes das 14 horas, ben a través do facebook, twitter ou teléfonos aquí facilitados:
AC FERVENZA DA BAROSA:
Facebook: https://www.facebook.com/acfervenza
Twitter: @FervenzaBarosa
Teléfono: 668.878.958
Teléfono: 668.853.863
Mail: fervenzadabarosa@gmail.com

BAROSA GASTRONATURAL:
Facebook: https://www.facebook.com/BarosaGastronatural
Twitter: @BarosaGastro
Teléfono: 986 09 08 80
Mail: info@barosa.es

SARAMAGAL
Facebook: https://www.facebook.com/saramagal.cerveza.artesanal
Twitter: @SaramagalBeer
Mail: info@saramagal.es

(A foto da tapa enviada corresponde co Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.)


No hay comentarios:

Publicar un comentario