Twitter xa pía en galego. Sigue a @VozdeBarro!!!! - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 22 de febrero de 2013

Twitter xa pía en galego. Sigue a @VozdeBarro!!!!

Twitter xa comezou por fin a falar galego. En setembro a rede social anunciou, a través do perfil oficial do seu tradutor, que ía incorporar dezaseis novas linguas ao seu sistema, entre elas o galego. Onte fíxose realidade e o galego únese así ao catalán e ao eusquera, que xa estaban dispoñibles.
En setembro o tradutor da rede social pediu axuda, a través do seu blog oficial, a todos aqueles dispostos a colaborar no seu servizo, que tiveron que inscribirse no Centro de Tradución para axudar a crear a versión galega de Twitter. Ademais do galego, Twitter incorporou outras linguas como o irlandés, o serbio ou o romanés.
Esta versión de Twitter en lingua galega chega despois dunha intensa campaña na comunidade galega. A mediados de xuño, miles de usuarios demandaron poderen empregar a ferramenta no idioma de Galicia. A través da etiqueta #TwitterQuereGalego esixiron que se fixera caso do que consideraban «unha necesidade e un dereito».

Agora xa é unha realidade. Twitter xa pía en galego.

Podes seguir a Voz de Barro en Twitter:

O Xornal: @VozdeBarro

A radio: @VozdeBarroFM

No hay comentarios:

Publicar un comentario