CORES TOURÍS COMPROBA O REMATE DA REMODELACIÓN DA INTERSECCIÓN NA PO-531 A ALTURA DA ROTONDA PEQUENA DE CURRO (BARRO) - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 1 de febrero de 2013

CORES TOURÍS COMPROBA O REMATE DA REMODELACIÓN DA INTERSECCIÓN NA PO-531 A ALTURA DA ROTONDA PEQUENA DE CURRO (BARRO)


 §         Os traballos permiten garantir a seguridade viaria nesta intersección cunha nova glorieta e unha área de esparcimento
§         O custo destes traballos superou os 800.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o remate dos traballos de remodelación da intersección na PO-531 a altura da rotonda pequena de Curro no concello de Barro.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde da localidade, José Antonio Landín, así como polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez e o portavoz da Plataforma de veciños, Manuel Corredoira.

Tal e como puido constatar o responsable territorial, o obxecto destes traballos centrouse “en garantir a seguridade vial nesta intersección mellorando, a maiores, os fluxos de circulación e facilitar o acceso, tanto a estrada de Vilagarcía como ao nó grande de Curro”.

O proxecto supuxo a construción dunha glorieta ao mesmo nivel de 30 metros de diámetro exterior e 12 de diámetro interior. Tamén instalouse a sinalización horizontal e vertical, así como a iluminación, mediante un punto de luz no seu centro. A maiores, deixouse instalada baixo a glorieta unha rede de pluviais conectada ao regato existente.

Ao mesmo tempo, e en fase de construción, elevouse un vial provisional alternativo para acometer estas obras. “Agora esta zona será destinada a área de esparcimento, dispoñendo dunha zona de aparcadoiro para 14 prazas, dúas delas para discapacitados e unha praza de autobuses”, explicou Cores Tourís, quen matizou que “damos así resposta tamén a demanda da comunidade desta parroquia. Este tramo contará tamén cunha senda peonil de 80 metros de lonxitude, delimitada por unha varanda de madeira de 82 metros de lonxitude.

A área quedou completada con unha zona que separa este vial de esparcimento e a estrada PO-531 mediante a sementeira de céspede e a disposición dunhas rocallas.

Esta actuación complétase con outras obras auxiliares que se acometeron no ensanche e pavimentación con aglomerado do camiño de servizo paralelo pola marxe dereita á PO-531 mediante a sementeira de céspede e disposición dunhas rocallas.

As obras supuxeron un investimento de case 850.000 euros e foron realizadas pola UTE Enlace Curro (Construcciones Obras y Viales S.A.-Bruesa Construcciones S.A.).

A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas buscou unha solución aos problemas xerados polo gran número de vehículos que circulan por este punto e que preocupaban fortemente aos veciños da zona”, explicou Cores Tourís.

De feito, recordou o delegado territorial que “o obxectivo final deste proxecto era por en valor toda esta área, unha vez rematado o nó grande de curro”. O departamento autonómico realizou así “un estudo para a mellora da intersección da PO-531 actual e antiga que conlevou a realizar este novo deseño, xa rematado, que permitirá garantir a seguridade vial dos vehículos que acceden desde os polígonos de Barro-Meis pola antiga PO-531 á actual PO-531 en Curro, xunto á igrexa parroquial”.

Pola súa banda, o alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, tamén mostrou a súa satisfacción pola solución aportada da Xunta de Galicia  para este punto concreto da PO-531. O rexedor aproveitou a visita do delegado territorial para solicitar que continúe o proxecto de urbanización do entorno coas beirarrúas na zona urbana deste lugar, “coa instalación a maiores dun semáforo que permita regular o paso de peóns”. 

O portavoz dos veciños quixo agradecer a implicación do delegado territorial da Xunta na mellora deste entorno recordando “a preocupación que en todo momento mostrou o delegado territorial polas demandas da nosa parroquia”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario