A XUNTA DE GALICIA, APOIADA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PROPORÁ AO PIRAGÜISTA DAVID CAL PARA O PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DO DEPORTE 2013 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 9 de febrero de 2013

A XUNTA DE GALICIA, APOIADA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PROPORÁ AO PIRAGÜISTA DAVID CAL PARA O PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DO DEPORTE 2013


 É o deportista español con máis medallas olímpicas

David Cal conta, ademais, con cinco medallas en Campionatos do Mundo e seis en Campionatos de Europa, entre outros resultados internacionais


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia, apoiada pola Deputación de Pontevedra, presentará á Fundación Príncipe de Asturias a candidatura do cangués David Cal ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte 2013.

A extraordinaria traxectoria de David Cal, e que xa foi recoñecida co Premio Nacional do Deporte Don Felipe de Borbón ou coa Medalla de Ouro da Real Orden do Mérito Deportivo, entre outras distincións, entendemos que é meritoria deste galardón”, apuntou Lete Lasa, quen referiu, ademais, que neste proceso de preparación da candidatura se están a solicitar os apoios do Comité Olímpico Español, o Consello Superior de Deportes ou as Federacións Galega e Española de Piragüismo, entre outros organismos e institucións.

“Os resultados acadados polo deportista son a recompensa ao labor e esforzo realizados durante anos, un orgullo para Galicia; e, ao noso entender, avalan unha sólida candidatura ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte”, remarcou José Ramón Lete.

Traxectoria
David Cal Figueroa naceu en 1982 no concello de Cangas do Morrazo. Iniciouse no mundo do piragüismo aos 8 anos e a súa vida deportiva descorreu en torno ao seu club, o Club de Mar Ría de Aldán, e ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Alí traballou con diferentes adestradores desde os 14 anos e coñeceu a súa man dereita e actual preparador, Suso Morlán.

Cal é o deportista español con máis medallas olímpicas, cinco en total, unha de ouro e catro de prata, conseguidas nas citas olímpicas de Atenas 2004, Pekín 2008 e Londres 2012 en dúas categorías C-1 500 metros e C-1 1.000 metros. O seu palmarés inclúe tamén cinco medallas en Campionatos do Mundo e seis en Campionatos de Europa, entre outros méritos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario