EMPREGO: A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE UN PRAZO DE 10 DÍAS HÁBILES PARA QUE OS INTERESADOS EN OBTER UNHA BOLSA PARA TRABALLAR EN 34 OFICINAS DE TURISMO DA PROVINCIA PRESENTEN AS SOLICITUDES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 22 de febrero de 2013

EMPREGO: A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE UN PRAZO DE 10 DÍAS HÁBILES PARA QUE OS INTERESADOS EN OBTER UNHA BOLSA PARA TRABALLAR EN 34 OFICINAS DE TURISMO DA PROVINCIA PRESENTEN AS SOLICITUDES


O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou antonte as bases que rexen a convocatoria de 34 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra. Estas bolsas de práctica laboral están destinadas a Técnicos Superiores de Turismo, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación. Os interesados en solicitalas disporán de 10 días hábiles, contados a partir de mañá, 21 de febreiro de 2013.
Das 34 bolas, 18 serán de tres meses de duración e 16 de seis meses. A duración das mesmas estableceuse en función do número de visitantes e turistas recibidos perante o ano pasado. As bolsas de tres meses desenvolveranse en oficinas de turismo situadas nos concellos de Covelo, Cuntis, A Illa de Arousa, A Estrada, Marín, Meaño, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Pontecaldelas, Ponteareas, Porriño, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova.
As restantes de seis meses de duración e Terán lugar en oficinas dos concellos de Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía.
Estas bolsas serán financiadas ó cen por cen pola Deputación de Pontevedra a direfencia de anos anteriores nos que colaboraban os concellos. Teñen unha dotación económica de 800 €/mes por beneficiario. Poderán ser beneficiarios das mesmas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan requisitos como posuír o título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou o de Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias; non ter cumpridos os 31 anos de idade; non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa; e non ter experiencia laboral previa na profesión, entre outras.
As bolsas serán complementadas con cursos formativos para mellorar a formación dos beneficiarios, así como para unificar os criterios, fórmulas e métodos á hora de difundir a información entre os visitantes.

Presentación de solicitudes e proceso de selección
As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse en modelo oficial ANEXO I, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase.
Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudios practicados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario