Unha vez
rematado o 31 de xaneiro o prazo de presentación de solicitudes para optar ás
269 prazas do Plan Practica Laboral da Deputación de Pontevedra, a cifra
inicialmente establecida de 9.991 inscritos elevouse ata as 12.839 solicitudes
presentadas.
O plan
permitirá que xoves titulados universitarios, sin experiencia laboral previa
poidan obter, nunha primeira fase, unha bolsa de 800 euros mensuais perante
seis meses para traballar en centros e servizos da propia Deputación (74) e nos
concellos da provincia e outros organismos como cofradías, consellos
reguladores, etc. (195).
A
Deputación de Pontevedra estudia acometer unha segunda fase do plan ata acadar
o número de 500 bolsas para xoves universitarios sin experiencia laboral
previa.
Na selección dos titulados inscritos na primeira fase participarán, ademáis de técnicos da Deputación, profesores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario