A Deputación de Pontevedra acordou sacar a licitación a adquisición de 80 desfibriladores semiautomáticos externos de alta frecuentación para ser instalados en instalacións deportivas de 38 concellos da provincia que se adheriron ao plan provincial para dotar destes aparatos a complexos deportivos con alta frecuencia de uso deportivo.
A entidade provincial destinará a esta adquisición un orzamento de 104.000 euros, a razón de 1.181 euros sen IVE por desfibrilador. A Deputación financiará o 50% do costo de cada un dos desfibriladores e cada concello poderá contar con máis de un, sempre en función dun informe de uso de instalación existentes.
A compra por parte da Deputación destes aparatos leva implícita a impartición de cursos de formación para a acreditación do persoal non médico que os utilice, que será dunha persona por concello.
Esta medida da Deputación ven a completar a súa decidida vocación de apoio ao Deporte. Nas instalacións deportivas construidas practican deporte a diario miles de personas que poden correr riscos nalgún caso de paradas cardiorrespitarias súpetas. Según datos da Consellería de Sanidade, cada ano aténdense unhas 800 personas por esta causa.
Os desfibriladores automáticos de alta frecuentación servirán para paliar os anteditos riscos e, segundo dixo Louzán, “se serven para salvar unha sola vida, valerá a pena”.
DISTRIBUCIÓN DOS DESFIBRILADORES
Comarca de Pontevedra: Barro (1); Cotobade (1) no pavillón de Tenorio; Poio (2) no campo de A Reiboa e no pavillón de A Seca; Ponte Caldelas (1); Vilaboa (3) no campo do Cura, no campo do Cabalo, e no campo Chan do Vilar.
Comarca do Deza e Tabeirós: Agolada (1) nas instalación deportivas municipais; A Estrada (2) no pavillón Coto Ferreiro e no campo do Callobre; Lalín (3) en instalacións deportivas; Rodeiro (1) no pavillón polieportivo; Silleda (1) no complexo deportivo; Vila de Cruces (1) no campo de O Camballón.
Condado e Paradanta: Arbo (1) no pavillón polideportivo de Arbo; Mondariz (1); Salceda de Caselas (2) no campo Penedo Redondo e no pavillón municipal de deportes; Salvaterra de Miño (3) instalacións deportivas de Casal, Salvaterra, e nas piscinas;
Val Miñor: Baiona ( 3) no pavillón de deportes, no campo de fútbol de Aral e no concello; Gondomar (3) para campos e pavillóns; Nigrán (3) no campo de Condomínguez, no de Vilariño e no pavillón.
Comarca do Baixo Miño: A Guarda (3) no campo de A Sangriña, na piscina municipal, no pavillón, etc.; Oia (1) no campo de As Tornas; Tomiño (1); Tui (3) nos pavillóns e campos de fútbol;
Comarca do Morrazo: Cangas ( 2) no pavillón do Gatañal e nas pistas de atletismo; Marín (3) no campo de San Pedro, no pavillón de A Raña e no pavillón de Cañota; Moaña (1);
Comarca de Caldas: Catoira (2) no club de fútbol Catoira e no club de Piragüismo; Cuntis (1); Moraña (1) no campo de Sta Lucía; Valga (3) nas instalacións deportivas.
Comarca de Arousa: O Grove (3) para os campos de Monte da Vila, Lampáns, pavillón municipal de Deportes; Illa de Arousa ( 2) no campo Salvador Otero e no pavillón do CEIP Torre; Meis (1) en instalacións deportivas; Ribadumia (2) campo de Ribadumia e Barrantes; Sanxenxo (1) na piscina municipal;
Comarca da Louriña: Mos (3) no campo de Cototorrón, pavillón Óscar Pereiro, no campo de As Baloutas; Porriño (3) no pavillóns e zonas polideportivas.
Comarca de Vigo: Redondela (3) campos e pavillóns; Soutomaior (3) no pavillón municipal, campo do Salgueirón, e no campo do Candán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario