A deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, entregou hoxe a publicación das obras obrigadas correspondentes o Certame de Bandas de Música ós compositores das mesmas.
Asistiron ó acto de entrega Juan Lois Diéguez, compositor da obra obrigada da sección primeira «Iter per Gallaeciam»; Adrián Silva Magdalena composititor da obra obrigada da Sección segunda «Os muiños da Barosa»; e Daniel Costa Ferreiro, autor da obra obrigada da sección terceira titulada «Fantasía sobre cancións galegas».
Disculpou a súa asistencia o compositor da obra obrigada da Sección Especial , Ferrer Ferrán, a través dun comunicado no que manifestaba o seu agradecemento á institución pola publicación deste traballo así como recoñecía o altísimo nivel das bandas da nosa provincia. Concretamente, recolle a súa carta “grazas a certámenes como o que vostedes organizan, que fomentan o traballo e a competitividade, as bandas da súa provincia experimentaron ó longo da última década un enorme progreso do que dan boa fe os premios obtidos por algunhas destas agrupacións en concursos nacionais e internacionais, así como unha inquedanza por parte dos máis xóvenes compositores que lles anima a escribir para este tipo de formacións sabendo de antemán que as súas obras serán interpretadas cunha máis que notable calidade”.
Ferrer Ferrán, natural de Valencia, compuxo para o certame a obra denominada «O camiño das ánimas en pena». É un asíduo colaborador co Certame promovido pola Deputación o que é moi destacable tendo en conta que ten unha traxectoria máis que consolidada, estando considerado como un dos compositores con máis proxección de España e que colabora con institucións musicais de Nova York, entre outros países.
Ademais, a Deputación tamén fará entrega desta publicación entre as distintas agrupacións musicais que participaron no Certame Provincial de Bandas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario