Os que se adhiran ao Servizo Provincial de recollida de lixo non terán
que realizar a súa adaptación ao delegar a competencia na Deputación
Os concellos da provincia deberán ter
aprobado antes do 31 de xullo de 2013 ordenanzas para a xestión dos seus
residuos. A FEMP, coa participación da Deputación de Pontevedra e en
colaboración con Ecoembes, elaborou unha Ordenanza Marco de Recollida de
Residuos para favorecer o proceso de elaboración en cada concello.
A Deputación de Pontevedra,
adiantándose a este imperativo legal, xa preparou un Regulamento que regula ao
detalle o servizo provincial de recollida de lixo e que se adaptará á citada
Ordenanza marco.
Por esa razón, os concellos que se
adhiran ao servizo provincial de recollida de lixo _ata o de agora, 30_ xa non
terán que realizar a devandita adaptación ao delegar a competencia na
Deputación na denominada Encomenda de Xestión.
A vindeira semana, a Deputación
remitirá aos concellos o novo convenio que xa recolle as suxerencias aportadas
por todos os concellos da provincia que, no prazo dun mes, deberán mostrar a
súa intención de adherirse ou non ao servizo.
A nova Ordenanza Marco de Recollida de
Residuos, acordada pola FEMP, presenta diversas novidades e artéllase en tres
títulos.
Tres
capítulos e grandes novidades
O primeiro presenta a novidade de que
será potestade de cada concello recoller os residuos comerciais non perigosos.
Nel establecense tamén as obrigas dos cidadáns en relación coa separación e a
entrega de residuos. Este apartado, concreta que terán consideración de
residuos municipais os domésticos (os dos fogares e tamén os de comercios e
industrias, os que haxa nos fogares de aparatos eléctricos, roupa, pilas,
mobles, enseres, e os procedentes da limpeza de vías públicas como animais
mortos, coches abandonados, etc.).
O segundo título da Ordenanza, adicado
ao Servizo de Recollida, distingue entre un servizo ordinario e outro especial,
si ben será común a ambos a separación por parte dos cidadáns dos residuos en
distintas fraccións para favorecer a reciclaxe. Esta distinción está pensada
mais ben para concellos cun tecido
industrial e gran poboación, e non afectará a concellos de menos de 50.000
habitantes que son os que formarán parte do servizo provincial de recollida de
lixo.
Posibles
sancións a particulares
O servizo ordinario afectará a residuos
domésticos procedentes de fogares particulares. E o especial levaráse a cabo
polo concello cando o usuario o solicite e, no seu caso, devengará a
correspondente taxa ou prezo público: serán residuos domésticos de orixe
comercial, industrial ou de servizos; os residuos comerciais non perigosos; os
de mercados; os animais domésticos mortos; os voluminosos, como mobles ou
enseres; os aparatos eléctricos; os coches abandonados; os residuos de podas e
outros similares.
O terceiro título concreta aspectos da
Inspección e das Sancións que, en algúns casos, poden afectar a cidadáns e
particulares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario