Permitirá
recuperar 1.000 toneladas que agora van a Cerceda e aforrar máis de 60.000
euros.
A
Deputación de Pontevedra levará a cabo un Plan Piloto de compostaxe coa
distribución de 2.000 composteiros entre outras tantas familias da provincia
que conten con vivenda e horta.
Así o
anunciou onte o presidente, Rafael Louzán, en rolda de prensa. Según dixo, cada
familia pode xerar unha tonelada de residuos orgánicos e restos vexetais ao
ano. As previsións son que se recuperarán 1.000 toneladas ao ano, que non irán
a Sogama, e que suporán un aforro de 60.000 euros anuais máis os costes
derivados de que non será preciso recoller.
O plan
piloto da Deputación prevé que as mesmas familias utilicen o compost como
abono. A experiencia servirá para determinar a viabilidade futura da compostaxe
na provincia.
Louzán
dixo tamén que a Deputación ultima xestións para que a bolsa amarela que agora
vai a Cerceda sexa depositada na Planta de Loxística Inversa que o proxecto
Ecologistic radicou en Cambados.
O
presidente da Deputación mostrouse optimista sobre o éxito do Plan Provincial de REcollida de Lixo pois, según
dixo, reducirá costes ao haber menos vehículos e menos operarios, será máis
eficiente, e unificará tasas pois o coste será entre 60 e 80 € en dous recibos
anuais. Indicou que varios concellos socialistas, a pesar de que este grupo
pideu a retirada do plan, manifestaron públicamente a súa viabilidade e a súa
intención de integrarse nel, caso de Silleda.
Nova xuntanza para aclarar diferencias de
estudios
Doutra
banda, Louzán presideu onte a xuntanza da comisión de
seguimento do Plan Provincial de Recollida de Lixo, con técnicos e cos
representantes do PSOE e BNG.
Na
xuntanza acordouse celebrar un encontro de técnicos da Xunta, da Deputación e
do Concello de Pontevedra para concretar e aclarar as diferencias entre o
informe dunha planta de compostaxe na provincia, presentado polo Concello de
Pontevedra, e o estudio realizado por técnicos da Deputación. As principais
diferencias sitúanse no coste da planta que o Concello cifra en 5,7 millóns e a
Deputación en 10,5 tal e como prevé a Xunta de Galicia no seu Plan de Residuos
para a prevista planta de compostaxe que construirá para a zona sur de Galicia.
Outras diferencias dos
citados estudios derivan da capacidade de fracción orgánica (o Concello fala de
20.000 toneladas/ano e a Deputación de entre 10.000 e 14.000 si o rango de
separación está entre o 20 e o 25%), e da venta do compost que o Concello dí
que podería venderse entre 15 e 30 euros por tonelada e a Deputación
_baseándose nos datos da planta de Lousame_ sinala que se está a vender a 1
euro por tonelada a granel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario