8 de febreiro de 2013, Unha ronda polo Acibal con pouco asfalto. 39,5 kms
VER ESTA RUTA EN WIKILOCA ruta comenza pola senda do Lérez. Unha vez que chegamos á segunda pasarela de ferro debemos cruzar e baixar hacia unha pequena praia que hai no río. Xusto antes de chegar xiramos á esquerda e iniciamos o ascenso por unha dura pista de xabre, ata a aldea de Couso. Atravesamos de frente a estrada directos hacia Aquagest, collendo un camiño paralelo nun parque infantil.
Antes de entrar en Berducido, hai que xirar á esquerda no merendeiro e continuar hacia o Castelo, en Lérez, para ir por camiños e polas pistas do monte hacia a zona de Cerponzóns. Pasamos á carón do desgüace e o aparcadoiro da Luna. As pistas están en moi bo estado, da gusto rodar por elas.
Unha vez atravesada a estrada do Pontillón continuamos bordeando o monte ata atopar de novo a pista asfaltada que da acceso directo ó Pastizal.
Escollemos unha pista nova para baixar hacia a coñecida Fonte de Fontáns.
Un pequeno pero dificultoso atallo devólvenos á pista de baixada hacia San Andrés de Xeve, abríndose á vista a panorámica do Val do Lérez e as terras de Cotobade ó outro lado do río.
Como non podía ser doutro xeito, voltamos á zona do Couso, onde pasamos polas pontes de madeira despois de baixar un técnico sendeiro con escaleiras de pedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario