Nos próximos días coñecerase a empresa adxudicataria do servizo
· Máis de 350 persoas están acollidas nestes
momentos á teleasistencia nos 45 concellos adheridos
· Louzán e Marta Iglesias incidiron en
que, malia non ser de competencia provincial, a Deputación considera necesario
manter este servizo
· Das 5 administracións que o
cofinanciaban inicialmente, hoxe en día susténtano unicamente concellos e
deputación
Corenta e cinco concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes
manterán o programa de teleasistencia ao servizo dos veciños e veciñas que o
precisen e así o demanden, grazas á colaboración da Administración provincial,
que considera necesario seguir investindo nesta materia para garantir a
calidade de vida dos usuarios.
Así o destacaron esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a
deputada Marta Iglesias, no acto de sinatura dos convenios cos 45 concellos que
decidiron adherirse a este programa, coa intención de manter un servizo que
permite a moitas persoas maiores que viven soas ou pasan a maior parte do día
sen compaña permanecer no seu fogar e no seu entorno social coas garantías
dunha atención permanente.
Louzán e Marta Iglesias fixeron fincapé en que se trata dun servizo que
comezou sendo financiado por 5 administracións, das que agora só quedan dúas, a
Deputación e os concellos, o que obriga a ambas a un maior esforzo económico.
Neste sentido, a Administración Provincial pasa de financiar o 26% do
servizo a cubrir o 34% do custe, cun orzamento de 163.000 euros.
Así mesmo, o presidente da Deputación lembrou que esta administración tivo
que sacar a concurso a xestión deste servizo, despois de que o IMSERSO –que era
o que tiña a xestión do mesmo- deixase de financialo.
A empresa adxudicataria coñecerase nos próximos días, para que poida
comezar a operar de inmediato.
Muller maior que vive soa
Nestes momentos son 358 os usuarios do servizo de teleasistencia nos 45
concellos que hoxe asinaron o convenio coa Deputación e que poderán seguir
beneficiándose das vantaxes das novas tecnoloxías aplicadas ao coidado das
persoas.
Rafael Louzán fixo fincapé no interese dos concellos por manter este
servizo, que está a permitir que moitas persoas maiores ou dependentes poidan
permanecer nos seus fogares coa seguridade que lles dá saber que se xurde
calquera problema –sexa á hora que sexa- van estar perfectamente atendidos.
Por iso, a Administración Provincial aposta, malia non ser da súa
competencia, por seguir investindo en teleasistencia naqueles concellos que
máis dificultades terían para mantelo por si mesmos, que son os de menos de
20.000 habitantes.
O perfil máis frecuente do usuario é o dunha muller de idade avanzada,
viúva e que vive soa. A teleasistencia permite que estas persoas estean
atendidas as 24 horas do día os 365 días do ano e que poidan así permanecer no
fogar sen medo a ter unha caída, unha enfermidade, un golpe… e que ninguén se
entere.
LISTADO DE
CONCELLOS ADHERIDOS
CONCELLOS
|
Nª. DE USUARIOS EN ABRIL DE 2013
|
AGOLADA
|
25
|
BAIONA
|
11
|
BARRO
|
5
|
BUEU
|
11
|
CALDAS REIS
|
4
|
CAMBADOS
|
11
|
CAMPO LAMEIRO
|
2
|
CAÑIZA, A
|
4
|
CATOIRA
|
2
|
CERDEDO
|
11
|
COTOBADE
|
5
|
COVELO, O
|
1
|
CRECENTE
|
9
|
CUNTIS
|
11
|
FORCAREI
|
12
|
FORNELOS DE MONTES
|
2
|
GONDOMAR
|
1
|
GROVE, O
|
17
|
MEIS
|
2
|
MOAÑA
|
12
|
MONDARIZ
|
13
|
MONDARIZ-BALNEARIO
|
1
|
MORAÑA
|
4
|
MOS
|
26
|
NEVES, AS
|
7
|
NIGRAN
|
10
|
OIA
|
4
|
PAZOS DE BORBÉN
|
3
|
PONTECALDELAS
|
0
|
PONTECESURES
|
2
|
PORRIÑO, O
|
18
|
PORTAS
|
9
|
RIBADUMIA
|
5
|
RODEIRO
|
1
|
ROSAL, O
|
1
|
SALCEDA DE CASELAS
|
13
|
SALVATERRA DE MIÑO
|
4
|
SANXENXO
|
1
|
SILLEDA
|
17
|
TOMIÑO
|
22
|
TUI
|
18
|
VALGA
|
3
|
VILA DE CRUCES
|
10
|
VILABOA
|
7
|
VILANOVA DE AROUSA
|
1
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario