Bases na web: http://www.barro.es
BASES
1.- As presentes bases teñen
por obxeto regular a participación no I Certame de Pintura Rápida
“BARRO 2013”, que terá lugar o día 16 de xuño de 2013.
2.-
Poderán participar no concurso calquera persoa que o desexe
inscribindose nas categorías Infantil ou Adulto, aportando o seu
documento identificativo. O dereito de inscripción será gratuito.
3.- Inscripción: Os participantes poderán optar por dúas canles:
a) Presentar instancia no Rexistro do Concello de Barro (Santo Antoniño
8 – Perdecanai – 36194 BARRO) ata as 15:00 horas do día 13 de xuño de
2013.
b) A través do correo electrónico oficinas@barro.es ata as 15:00 horas do día 14 de xuño de 2013.
En calquera caso as solicitudes deberán conter os seguintes datos:
- Nome completo do autor.
- Dirección, código postal e localidade.
- Número de teléfono de contacto.
- DNI, pasaporte ou tarxeta de identificación.
- Modalidade na que se inscribe (Infantil ou Adulto).
4.- O estilo e a técnica é libre. A temática: calquer lugar do municipio de Barro.
5.- Cada participante presentará unha soa obra. O soporte será sobre
estructura ríxida, fondo blanco, sin texturas, nin outras aplicacións
previas. As dimensións non serán superiores a 110 cm. nin inferiores a
50 cm. por calquera dos seus lados. Non se permitirá o uso de
fotografías, ordenadores, cámaras, medios ou materiais fotográficos.
6.- O material necesario para desenvolver a actividade será por conta
do participante, incluindo obrigatoriamente o cabalete para a
exposición.
7.- O horario de selado dos lenzos será dende as
09:00 ata as 11:00 horas no Concello de Barro, sito en Santo Antoniño 8 –
Perdecanai (36194 BARRO). Poderán selarse dous soportes pero só se
entregará un para o concurso.
8.- A Organización facilitará ós
participantes plano do Concello para que comuniquen a ubicación na que
se atopan realizando a súa obra para poder visitalos en calquer momento e
comprobar a evolución da mesma. Así mesmo, ésta deberá realizarse IN
SITU. Non se admitirán traballos pintados mediante foto.
As obras
participantes serán entregadas ese mesmo día ó xurado no Pazo da Crega
de 18:00 a 19:00 horas sin marca, sinal nin sinatura, agás as que a
Organización empregará para o seu control.
9.- As obras expoñeranse no Pazo da Crega de 19:00 a 20:00 horas para a valoración do xurado.
A partir das 20:00 horas as obras poderán ser visitadas polo público e deberán ter en lugar visible os seguintes datos:
- Nome completo do autor.
- Dirección, código postal y localidad.
- Número de teléfono.
As 21:00 horas no campo de festas emitirase o fallo do xurado e
realizarase a entrega de premios. Coñecidas as obras premiadas, os
autores asinarán as mesmas en presencia dun membro da Organización.
10.- As obras non premiadas serán retiradas polos seus propietarios/as
aportando o DNI ou documento acreditativo que identifique a identidade
do autor e poderán ser vendidas ou subastadas no recinto unha vez
rematada a entrega de premios. A comisión organizadora poñerá o máximo
coidado no desenvolvemento e conservación das obras pero non se
responsabiliza dos danos que poidan sufrir por causas axenas, así como
tampouco se responsabiliza dos danos que poidan sufrir os/as
participantes ou causar estes.
As obras premiadas pasarán a ser propiedade da Organización ou dos seus patrocinadores e reservase o dereito de reproducción.
Os/as participantes aceptan ser fotografiados, filmados e ceden os
dereitos de imaxe á Organización para posibles arquivos ou reproducción
en medios de prensa.
11.- O xurado esta composto por:
- PRESIDENTE: Manuel Ruibal Ruibal (Pintor).
- VOGAIS: Manuel Lima (profesor de Bellas Artes).
Teresa Pérez Benito (Representante do Concello de Barro)
Francisco José Rodríguez Remiseiro (Escultor).
- SECRETARIO Serafín Abal Novoa.
12.- Establécense os seguintes premios:
CATEGORÍA ADULTOS:
- Primeiro premio: 1.000,00 € donado polo Concello de Barro.
- Segundo premio: 700,00 € donado por Transportes y Cantería Antonio SL
- Terceiro premio: 400,00 € donado pola Xunta de Montes de Portela.
- Accesit privados:
- 100,00 € donado por Pescados y Mariscos Cancela.
- 100,00 € donado por Muiñada Barosa.
CATEGORÍA INFANTIL:
- Primeiro premio: 1Material didáctico donado por Panadería Pasarín.
- Segundo premio: 1Material didáctico donado por Farmacia de Barro (Mª José Matovelle Gómez).
- Terceiro Premio: 1Material didáctico donado por Estación de Servizio BAROSA 2000, S.L.
- Cuarto premio: 1Material didáctico donado por Torrado-Oliva de PO.
- Quinto premio: 1Material didáctico donado por Agar-Agar de Vigo.
Os premios están suxeitos a lexislación vixente e serán abonados o día do certame, unha vez rematado o mesmo.
13.- A Organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar
iniciativas non reguladas nas bases, sempre que contribuia ó mellor
desenvolvemento do certame. Calquera dúbida, aclaración ou reclamación
presentaráselle a comisión organizadora.
14.- O certame poderá
suspenderse por causas de forza maior ou por falla de asistencia mínima ó
evento, previo aviso ós inscritos ata o momento.
15.- O feito de
participar neste certame supón por parte dos autores a conformidade
absoluta das bases e a absoluta conformidade co fallo do xurado."
martes, 14 de mayo de 2013
New
I Certame de Pintura Rápida "Barro 2013"
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
cultura
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario