ADXUDICADA A DOTACIÓN DE 80 DESFIBRILADORE SEMIAUTOMÁTICOS Á EMPRESA “CARDIVA 2 SL” POR IMPORTE TOTAL DE 104.000 € - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 25 de mayo de 2013

ADXUDICADA A DOTACIÓN DE 80 DESFIBRILADORE SEMIAUTOMÁTICOS Á EMPRESA “CARDIVA 2 SL” POR IMPORTE TOTAL DE 104.000 €


Instalaranse en instalacións deportivas 37 concellos da provincia e na Deputación, entre as que se atopan as de Barro.

·       Inclúe, ademais, tres cánulas de Guedel de distintas características para poder atender tanto a nenos pequenos como a persoas maiores
·       Tamén se instalarán no Pazo Provincial, en Príncipe Felipe e no Museo, por ser centros da Deputación aos que hai unha notable afluencia de persoas cada día
A Xunta de Goberno acordou hoxe adxudicarlle á empresa Cardiva 2 SL o contrato para o subministro de 80 desfibriladores semiautomáticos externos, que se colocarán en instalacións deportivas de 37 concellos da provincia. Tamén se instalarán no Pazo Provincial, en Príncipe Felipe e no Museo, por ser centros da Deputación aos que hai unha notable afluencia de persoas cada día
Segundo salientou o presidente da Deputación, ao concurso para a adxudicación presentáronse 10 empresas, sendo a mellor oferta a de Cardiva 2, que oferta un aparello Philips semiautomático.
Ademais, darase un curso de formación no manexo do aparello a 2 persoas por cada desfibrilador e, para maior garantía da protección da saúde nos espazos deportivos, incluiranse tamén 3 cánulas de Guedel en cada unha das instalacións.
Tal e como lembrou Louzán, estas cánulas poden salvar vidas e, dado que os centros nos que se van colocar reciben público tanto infantil como de idade adulta e persoas maiores, era preciso dispoñer de cánulas adaptadas ás distintas idades e necesidades.
MANEXO SINXELO
O aparello que se vai instalar é dos máis avanzados do mercado e cada un deles terá un  custe de 1.300 euros, que será financiado ao 50% entre concellos e Deputación.
Á hora de decidir o tipo de mecanismo, optouse por un semiautomático porque, segundo explicou a responsable médico da Deputación, María Carmen Campos, buscábase que non producise descarga automática con só colocar as pás, senón que sexa necesario que o que o manexa dea a orde de descarga presionando un botón.
Campos incidiu na máxima seguridade do aparello, dado que, “non deixa que se dea a descarga se non hai que dala”, é dicir, se por accidente ou por calquera causa se presiona o botón de descarga pero non hai fallo cardíaco que o requira, o desfibrilador non responde.
Outra das características que fai moi sinxelo o manexo deste desfibrilador é o feito de que as instrucións que vai dando ao usuario adecúanse á velocidade coa que este realiza as manobras requiridas, colocación do enfermo, dos electrodos…
Louzán incidiu en que é fundamental que as instalacións nas que hai habitualmente moita concorrencia de persoas dispoña deste tipo de equipos para garantir a seguridade dos usuarios.
Os concellos que se adheriron ao programa son Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cotobade, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, Illa De Arousa, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces e  Deputación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario