A actividade formativa será
gratuíta, está homologada pola Xunta e contará coa participación de
profesionais do sector e hosteleiros
A Deputación Provincial de Pontevedra celebrará do
13 ó 16 de maio nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe as «I
Xornadas sobre Accesibilidade Universal no Turismo».
A actividade formativa contará coa participación
de 30 profesionais do sector como guías, técnicos de turismo e responsables de
turismo dos concellos; así como de diversos profesionais do sector hosteleiro
na provincia, entre outros. Será totalmente gratuíta e estará impartida por
profesionais de COGAMI.
Asemade, a iniciativa está homologada pola Xunta
de Galicia o que é moi importante para estes profesionais porque moitos deles
como as guías de turismo teñen a obriga
de cursar un número de horas anuais de formación para manter o seu título.
As xornadas celebraranse en horario de 10:00 a 15:00 horas.
Con esta iniciativa a Deputación pretende
contribuír a que técnicos e xestores do destino Ría Baixas, é dicir, aqueles
que teñen un contacto directo co turista, adquiran unha formación mellor e máis
completa. Neste caso concreto, asemade, ampliarán a súa formación para atender
ó turista que presente calquera tipo de discapacidade.
A continuación detallamos a temática e os horarios
dos distintos módulos que se van a impartir:
Luns, 13
de maio de 2013:
·
10:00 horas→ «A Accesibilidade Universal e o deseño para todos: deseño,
aplicacións, e axudas técnicas».
·
11:00 horas→ «Marco normativo, lexislación vixente: autonómica, estatal e
comunitaria».
·
13:00 horas→ «Accesibilidade urbanística e arquitectónica: teoría e aplicacións
e axentes implicados».
Martes,
14 de maio de 2013:
·
10:00 horas→ «Accesibilidade no transporte: teoría e aplicacións e axentes
implicados».
·
11:00 horas → «Prestación de servizos turísticos: teoría e aplicacións e
axentes implicados».
·
12:00 horas → «Accesibilidade nas TICs».
·
13:00 horas → «Accesibilidade dende a experiencia do cliente».
Mércores,
15 de maio de 2013
·
10:00 horas→ «Cómo auditar o meu establecemento e a prestación de
servizos».
·
12:00 horas→ «Sinalización e wayfinding (localización mediante novas
tecnoloxías).
·
13:00 horas → «Boas práticas».
·
14:00 horas→«Incidencia da accesibilidade nos resultados empresariais».
Xoves,
16 de maio de 2013
·
10:00 horas → «Xestión e certificación da accesibilidade. Criterios DALCO e
UNE170001-2.
·
11:00 horas → «O modelo de xestión de COGAMI: modelo EFQM; e modelo
ISO9001:2008.
·
12:00 horas → «Práctica de auditoría».
No hay comentarios:
Publicar un comentario