A DEPUTACIÓN DESTINA 2,2 MILLÓNS DE EUROS AO FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS BÁSICOS NOS 53 CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES, ENTRE ELES BARRO. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 12 de mayo de 2013

A DEPUTACIÓN DESTINA 2,2 MILLÓNS DE EUROS AO FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS BÁSICOS NOS 53 CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES, ENTRE ELES BARRO.



A Xunta de Goberno aprobou o modelo de convenio que asinarán os concellos que decidan sumarse a este programa de axudas
A Deputación de Pontevedra destinará este ano un total de 2.196.530 de euros ao financiamento de servizos sociais básicos nos 53 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Os concellos que decidan acollerse a estas achegas deberán asinar un convenio de colaboración que o Goberno provincial aprobou esta mañá na súa Xunta semanal.
Segundo se recolle neste acordo, a achega que a Deputación destinará aos servizos básicos municipais permitirá cubrir o 80% do financiamento do Servizo de Atención no Fogar, da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e do persoal técnico dos equipos municipais con perfís complementarios aos do traballador social, como auxiliares administrativos, psicólogos ou educadores.
Pola súa banda, os concellos que se sumen asumirán o 20% restante do custe dos servizos. Deste xeito dase cobertura a unha necesidade prioritaria que teñen os concellos, como é a atención social.
En total poderán beneficiarse destas achegas os 53 concellos de menos de 20.000 habitantes que ten a provincia, co que se lle dá cobertura a unha poboación total de case 400.000 habitantes e se financian os postos de traballo dunhas 400 persoas que traballan na provincia nos servizos sociais básicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario