AS PERSOAS INTERESADAS EN INSCRIBIRSE PARA CURSAR ESTUDOS NA ESCOLA DE CANTEIROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TEÑEN DE PRAZO DO ATA O 10 DE SETEMBRO DE 2013 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 11 de mayo de 2013

AS PERSOAS INTERESADAS EN INSCRIBIRSE PARA CURSAR ESTUDOS NA ESCOLA DE CANTEIROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TEÑEN DE PRAZO DO ATA O 10 DE SETEMBRO DE 2013


  • Pódense cursar estudos de Canteiro, de Mestre Canteiro ou recibir formación específica en pedra

As persoas interesadas en cursar estudos na Escola de Canteiros da Deputación Provincial de Pontevedra disporán de prazo ata o 10 de setembro de 2013. Poderase facer a pre-inscripción na páxina web www.canteiros.depo.es ou ben chamando ás oficinas da Escola de Canteiros ó 886 20 15 50 ou ó 986 83 30 75. No centro poderá cursarse a titulación oficial de Canteiro e Mestre canteiro, pero tamén se ofrece a posibilidade de obter formación específica en pedra.

Poden matricularse para obter a titulación de Canteiro as persoas menores de 35 anos que dispoñan do título de Graduado Escolar. Estes alumnos cursarán estudos en Cantería; Modelado; Escultura; Debuxo técnico; debuxo artístico; Historia da arte; Construción; Laboratorio; e Informática. O horario de clases será de luns a venres de 09:00 horas a 12:30 horas e de 15:30 horas a 18:30 horas.

Ó finalizar o primeiro ciclo de estudos, que comprende os tres primeiros anos, o alumno obtén o título de Canteiro, que será expedido pola Deputación de Pontevedra. Pola súa banda, a titulación de Mestre Canteiro poderana obter aqueles alumnos que continúen os estudos de formación durante o segundo ciclo, é dicir, dous anos máis.

Formación Específica en pedra Neste centro tamén poderán recibir formación específica aquelas persoas interesadas no coñecemento da pedra. A matrícula será limitada ás asignaturas de cantería e escultura con posibilidade de asistir como oínte a debuxo artístico. Os que cursen esta modalidade de formación recibirán un certificado de estudos realizados por horas, expedido pola Deputación de Pontevedra. Os horarios deste alumnado serán de 19:00 horas a 21:00 horas de luns a xoves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario