A Corporación de Barro apoia aos preferentistas - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 31 de mayo de 2013

A Corporación de Barro apoia aos preferentistas

Non houbo sabotaxe' da Plataforma de Afectados polas Preferentes do Umia ao Pleno da Corporación de Barro, aínda que o colectivo conseguiu entrar directamente na 'axenda' do día, coando o debate da moción sobre o seu problema e conseguindo o apoio dos tres grupos da Corporación. O alcalde, José Antonio Landín, quen desde o principio preguntoulles aos preferentistas se "se vai poder celebrar o Pleno", accedeu a ler e debater un texto que acabou converténdose nunha moción acordada entre os afectados e os tres grupos políticos. En particular o 'popular', prometeu prestar o seu apoio en todo o posible, sen considerar que as demandas dos afectados por esta estafa poidan considerarse un asunto partidista ou político.

Mocións
En canto ao resto da sesión, a ecasez de temas para o debate foi compensada cunha longa lista de mocións das cales varias foron aprobadas por unanimidade. Tamén relacionada coa crise, a proposta para adherirse ao convenio da Fegamp que permitirá prestar asesoría xurídica gratuíta ás persoas en risco de desafiuzamento, foi unha das ideas máis relevantes das aprobadas onte. O Concello debe pedir ao Goberno de Caldas de Reis que solicite o servizo á Fegamp, pois se tramita a través da cabeceira de comarca. Ademais deuse luz verde ao texto do BNG para evitar o desmantelamento dos xulgados de paz nos pequenos concellos, e apoiouse unha proposta do PP para ofrecer actividades escolares de Educación Viaria. Outra moción do PSOE para implantar vaos en San Antoniño e contar cos servizos dun guindastre estudarase formalmente.




 http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/254769.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario