·
Estas datas festivas
coinciden cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte
dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos
accidentes de tráfico
Lamentablemente, as datas festivas soen coincidir
cun notable incremento da demanda de hemoderivados por parte dos centros
sanitarios galegos xa que nestas datas increméntanse as urxencias
derivadas dos accidentes de tráfico.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo
da presente semana, preto de 40 concellos galegos para acadar a
participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor
asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día,
precisan 500 doazóns de sangue.
O CTG agarda novamente contar coa participación dos
cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer
as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez
unidades móbiles cada día que efectuarán os seguintes
desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Luns 13 de maio
|
Cantón Pequeno e Barrio
Labañou (A Coruña), Neda, Escurís-Baiuca (Pobra do Caramiñal), Vilalba,
Barrio do 21 (Ourense), Cuntis, Salceda de Caselas e Cabral (Vigo).
|
Martes 14 de maio
|
Zona A Gaiteira-Os
Castros (A Coruña), Carral, Praza de Armas (Ferrol), Campus Norte
(Santiago), Vilalba, Pontedeva, Raririz de Veiga, Caldas de Reis,
Mondariz, Barrio Teis (Vigo) e Cuartel Figueirido (Vilaboa).
|
Mércores 15 de maio
|
Bº Monte Alto (A
Coruña), Culleredo, Zona Ultramar (Ferrol), Campus Sur (Santiago),
Xermade, CIE Galfor (San C.das Viñas), Xinzo de Limia, Bueu, Catoira,
Cuartel Figueirido (Vilaboa) e Rúa Príncipe (Vigo)
|
Xoves 16 de maio
|
Zona Cuatro Caminos (A
Coruña), Boiro, Fene, Rianxo, Zas, Sarria, Monterrei, Xinzo de Limia,
Bueu, Cambados, Tui e Policía Nacional (Vigo)
|
Sábado 18 de maio
|
Fene, Rianxo, Zas, Laza e Tui
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Cómo participar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18
anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido
enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).
A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a
moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa
vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario